UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
viernes, 16 de octubre de 2020
PRESENTACIÓN SOBRE SURICATAS E LOBOS
Antes de nada xa aclaro que esta entrada ten moitas máis cousas que a presentación sobre suricatas e lobos. Pero como sei que aos pementeiros/as lles gusta moito verse nos vídeos, supoño que o que máis interese vai espertar vai ser o vídeo desta semana. Penso que entre a presentación sobre abellas e formigas e esta de suricatas e lobos, participaron todos os nenos e nenas da aula. Por suposto eu anímoos a que participen pero estou pedindo voluntarios porque sei que falar diante dunha cámara pode impoñer un pouco; de feito nótase moito na súa maneira de falar; cando me contan o que queren dicir antes de encender a cámara falan con máis soltura, con máis naturalidade e, en canto encendo a cámara, parece que lles entra un pouquiño de medo escénico. Pero estamos conseguindo concentrarnos nas explicacións, en recordar datos, en procurar pronunciar con máis claridade, en respectar turnos... en moitas cousas, así que hai que valorar positivamente todo o que están facendo estes nenos e nenas.
En fin, antes de chegar a eso, máis cousiñas. Estes días estivemos facendo actividades impresas sobre os grupos de animais que dan nome aos noso grupos estables de traballo da aula:
Así, ademais de aprender moitas cousas sobre animais, tamén imos reflexionando sobre os fonemas (sonidos) e os grafemas que lle corresponden (letras) e imos entre todos pensando como podemos ir escribindo as palabras que necesitamos para completar os espazos baleiros. Neste pequeno vídeo vedes que temos momentos de concentración, de traballo en clama, disfrutando da música (recoñecedes a melodía que se escoita? a ver se algún pementeiro/a volo di porque lles gustou moito) A min encántame poñer música na aula e vouno conseguindo aínda que sexan momentos moi concretos. Espero que cada día o disfrutemos máis porque a música sempre é boa compañeira.
Tamén temos tempo de xogar a moitas cousas (no chan, nas mesas, dentro, fóra...) Estou intentando traballar moito cuestións como a paciencia, a capacidade de concentración, a atención e observación, a capacidade de superar pequenas frustracións... Estou observando que, en xeral (e non estou de acordo con valorar a un grupo facendo xeralizacións, por suposto, pero partindo da base de que sempre hai excepcións e características personais en cada neno/a, hai outras cousiñas que casi todos teñen en común) son nenos e nenas moi impulsivos, que queren cambiar de tarefa en segundos (sobre todo cando se enfrentan a un reto), que deixan as cousas sin rematar, que teñen pouca paciencia e queren solucións inmediatas (si queren colocar unha peza dun puzle nun lugar e non encaixa, xa o deixan ou me piden que llo faga eu ou outra profe que esté na aula)... É normal que a estas idades sexan impulsivos e non se manteñan concentrados moito tempo no mesmo, pero tamén é moi certo que a capacidade de concentrarse nas tarefas se pode potenciar, por iso os puzles, os xogos de memoria e observación, os xogos de cartas e moitos outros xogos de mesa axudan a potenciar a paciencia, o pensamento, o razonamento lóxico, a superación de pequenos retos... Tamén é fundamental que aprendan a perder, que compitan consigo mesmos (antes de abandonar).
Outra cousa que percibo no grupo é que teñen que traballar moito coas mans, a motricidade fina require entrenamento por iso modelar coa plastilina, debuxar, colorear, recortar, xogar con pezas de ensartar, con xogos de enrosques é moi bo para os nenos e nenas de infantil (e vestirse solos, abotonarse, atar cordóns... cousiñas do día a día que teñen que ir facendo pouco a pouco). Xogar é moi importante e permite desenvolver moitas habilidades, e despois hai que recoller, organizar os xoguetes no seu lugar, coidalos (entender que son de todos e debemos tratalos ben e non rompelos). En fin, hai moitas cousas que se traballan na casa e nas aulas cando os peques xogan.
Por certo, Martina trouxo unhas fotos sobre a súa excursión ás minas de ouro das Médulas. Cando nos contou a súa viaxe, eu díxenlle que si fixera algunha foto poderíamos vela todos xuntos e acordouse de traernos varias. E aquí Martina mostrándonos as imaxes e explicándonos quen ía con ela, e todo o que fixeron. ¡Xenial! ¡Grazas Martina!
E, para rematar, aquí está anova presentación sobre suricatas e lobos da aula A Pementeira. Espero que vos guste. Eu penso que o están facendo moi ben. Aínda que temos mellorar un pouco a cuestión de controlar o ruído de fondo cando alguén está esforzándose en falar ante a cámara para compartir con todos vos o que imos aprendendo día a día. Eu estou moi contenta con que todos/as se animen a participar sin ningún problema, con toda normalidade. Agora teño outro obxectivo que é lograr un pouquiño de silencio e calma mentres gravamos. Creo que o poderemos conseguir.
Claro que si, na aula falamos moito, plantexamos preguntas, opinamos, contamos experiencias personais... A min gústame que se expresen, que non teñan medo a falar en público, que se solten e penso que iso non é o que lles costa máis traballo, porque de feito todos queren sair a falar diante dos compañeiros. E sei, e comprobo na aula, que lles encanta verse a eles mesmos, ver aos demáis e ata lles da a risa cando escoitan a miña voz nalgún momento en que fago unha pregunta e reconduzco a intervención. Veredes como cada vez o fan mellor. estas actividades son importantes para mellorar a expresión oral, a dicción, a adquisición de vocabulario. Alégrame que vos guste velos.
que gran esforzo para eles, porque sí que lles costa un pouquiño pero, realmente, o fan estupendamente e aprendemos un montón de cosas; no caso de Valentina polo que dixo cóstalle un montón pero, a verdade, é que lle fixo moita ilusión verse con todos os amigos así que vimos en bucle as dúas presentacións..
pero sí que hai moito máis que a presentación, qué importante é o xogo e como alegra velos xogar!!
Eu penso que non é falar en público o que máis lles costa. De verdade que saen encantados a falar diante dos outros. Só lle dixen a un par deles que se animaran a sair para non quedara ninguén sin falar pero non tiven nin que insistir. O que realmente lles costa é centrar a atención, tenden a apresurarse,precipítanse e entón equivócanse e resúltalles un pouco frustrante ter que repetir. Pero iso vaise superando pouco a pouco. Neste grupo a impulsividade, a prisa é constante, queren facer todo correndo e iso é difícil de cambiar, cóstalles asumir os erros como algo normal, que se pode correxir. Para min vai ser un dos obxectivos deste trimestre, lograr un pouquiño de calma na realización de diferentes tarefas, o recoñecemento dos erros con normalidade e a intención de facelo mellor nun segundo intento. Todos melloramos as nosas habilidades coa práctica lóxicamente, e intento convencelos de que eles tamén poden mellorar xa que non todo lles sae ben á primeira. Xa sabedes, axudádeme neste aspecto😉😉👍
Moitisimas gracias por darlle esa oportunidad de expresarse os nenos, despois na casa cando o vemos sentimonos moi orgullosos
ResponderEliminarGracias Tete!!!
Claro que si, na aula falamos moito, plantexamos preguntas, opinamos, contamos experiencias personais... A min gústame que se expresen, que non teñan medo a falar en público, que se solten e penso que iso non é o que lles costa máis traballo, porque de feito todos queren sair a falar diante dos compañeiros. E sei, e comprobo na aula, que lles encanta verse a eles mesmos, ver aos demáis e ata lles da a risa cando escoitan a miña voz nalgún momento en que fago unha pregunta e reconduzco a intervención. Veredes como cada vez o fan mellor. estas actividades son importantes para mellorar a expresión oral, a dicción, a adquisición de vocabulario. Alégrame que vos guste velos.
Eliminarque gran esforzo para eles, porque sí que lles costa un pouquiño pero, realmente, o fan estupendamente e aprendemos un montón de cosas; no caso de Valentina polo que dixo cóstalle un montón pero, a verdade, é que lle fixo moita ilusión verse con todos os amigos así que vimos en bucle as dúas presentacións..
ResponderEliminarpero sí que hai moito máis que a presentación, qué importante é o xogo e como alegra velos xogar!!
María Basadre

Eliminar