jueves, 8 de octubre de 2020

BITS DE INTELIXENCIA

    Seguro que xa coñecedes o que son os Bits de Intelixencia. Pero por si alguén non coñecía esta metodloxía de traballo, moi habitual en infantil, fágovos un pequeniño resumo.

   Básicamente os bits son imaxes, fotografías, moi concretas, moi claras, sobre temas diversos. Poden ser de arte (pintura, escultura, arquitectura...), de natureza (animais, plantas, tipos de paisaxes...), de alimentos, de personaxes coñecidos, de deportes, de conceptos matemáticos (números, figuras xeométricas, corpos xeométricos ...), de moitísimas cousas. Con eles traballamos a estimulación visual e auditiva, a atención, a motivación, a ampliación de vocabulario, a interconexión de conceptos e contidos de aprendizaxe, a memoria auditiva e visual... Os nenos e nenas son curiosos por natureza e cando lles presentamos estas imaxes, automáticamente queren coñecer oque representan, onde están, quen fixo o que mostran, con que materiais, queren ser os primeiros en recoñecelas e recordar o nome, cada día queren comprobar que recordan máis, e io fai que poidamos empregar esta metodoloxía para traballar un montón de cousas. A memoria axuda a fixar coñecementos, a organizar o pensamento, a centrar a atención e eles, aínda que non o fagan dun xeito consciente por eses motivos, están "xogando" a ver cantas cousas recordan e, polo tanto, están traballando todas esas habilidades e capacidades que favorecerán as aprendizaxes .

    Pois ben, cada día adicamos uns minutos a ver os bits de intelixencia. Normalmente cando xa recollemos, lavamos mans e estamos listos para ir comer. A presentación faise con certa rapidez, non hai que deterse moito en cada imaxe, simplemente dicir o nome . Eu a medida que van pasando os días e vexo o rápido que os memorizan vou ampliando información (iso gústalles moito: nome do autor, cidade na que está, material co que se fixo, explicación sobre algúns detalles interesantes, calqueira cousa que vexamos que sirve para ampliar coñecementos). Gústalles moito velos e cando non nos dá tempo, protestan.

    Vouvos poñer aquí os bits que estamos empregando estes días, cada certo tempo vou engadindo algúns novos. De feito cando lles digo que vou poñer algúns novos xa se emocionan, porque teñen ganas de superar ese reto. Supoño que xa coñecedes o 90% das imaxes pero poño o "titulo" de cada unha debaixo para que vaiades comprobando cantas recordan os vosos/as fillos/as.

 ¡Veña! ¡Xogade con eles e que vos demostren a boa memoria que teñen!

A Gioconda, ou a Mona Lisa de Leonardo da Vinci

A Ópera de Sidney (Australia)

A Habitación, de Vincent van Gogh

A Torre de Pisa (Italia)

A Gran Muralla China

A Catedral de Santiago de Compostela (Galicia)

Machu Pichu (Perú)

Partenon  de Atenas (Grecia)

 Taj Mahal (India)

As Meninas de Velázquez

Clase de danza en la Ópera de Degas

Grupo familiar de Henry Moore

David de Miguel Angel

Pirámides de Giza (Exipto)

Patio dos leóns na Alhambra de Granada

 Busto de Nefertiti

Muller, paxaro e estrela de Miró

Discóbolo de Mirón

Pirámide escalonada de Chichén Itzá

El pensador de Rodin

The Tower Bridge en Londres

Basílica de San Marcos en Venecia

Torre Eiffel de París

Xa me contaredes cantos bits coñecen os peques.



4 comentarios:

  1. Guauuu!! Super interesante,a Bruno por lo que me dice le encanta este momento del día, disfruta mucho aprendiendo así,no deja de ser un juego para el,felicidades Teté!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nada de felicidades a mi, Felicidades a ellos por lo rápido que aprenden y por disfrutar de estas cosas. Y si vosotros lo disfrutáis con ellos entonces ya tenemos el conjunto completo. Gracias por ser tan positivos!!!!!

      Eliminar
  2. yo también me atrevo a decir que es de lo que más le gusta a Valentina.. ayer me pidió que se los pusiera en casa en vez de ver dibujos..

    y no veas la cantidad de viajes que tenemos programados para conocer tantos monumentos/obras de arte "in situ" jajajaja (ayer la decisión fue ir a la Riviera Maya, un poco de Caribe, un poco de "y ver las pirámides escalonadas de Chichen Itzá")

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. No me parece mala elección, la verdad. Estoy por apuntarme. Ojalá volvamos a viajar como hacíamos antes. Para mi fue de las cosas más difíciles de toda esta situación, pasar el verano sin viajar, una de las cosas que más me gusta. Bueno, al menos viajamos con nuestra imaginación a través de estas imágenes. Para la semana ampliaremos, a ver qué añadimos.

      Eliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...