Antes de celebrar a festa do magosto e o Samaín, na Pementeira aínda fixemos un montón de cousas. Primeiro estivemos reflexionando un pouquiño sobre os nosos medos (xa sabedes que fomos anotando na pizarra os personaxes que nos dan moito medo. Ao día seguinte cada pementeiro/a fixo un debuxo do que a el ou ela lle daba medo. A finalidade de facer este debuxo dos nosos medos é que o imos presenciar un Ritual Purificador de Medos. Así que tras facer o debuxo, metemos todos os medos nunha caixa negra e o día do Samaín procederemos a queimalos.
     
    





















      Agora os medos están metidos na caixa!
Tamén pintamos unha cabaza (grande) e unha cabaciña (pequena). Haixa moitos progresos no control grafo-motriz. Pintar con cera costa un pouquiño máis porque hai que facer máis presión, pero o traballo saiu moi ben en xeral.























                

                 

        Como podedes comprobar, as pementeiras e pementeiros saben facer moi ben as súas tarefas, cando queren e se concentran, xa se nota mellor control grafo-motriz, poden estar concentradas/os nunha actividade uns minutos, entenden as indicacións que eu lle dou  e van avanzando moi ben. Agora estamos empezando a instaurar outra nova rutina: cando rematamos unha tarefa pronto, hai tempo de disfrutar do recuncho de biblioteca.
    Algúns nenos e nenas trouxeron as súas cabazas decoradas para participar na exposición que se colocou no corredor de entrada ao cole. Toda a clase foi a ver a exposición e buscaron a súa cabaza favorita. Había auténticas obras de arte.
    Todo o alumnado de infantil se xuntou para ver o conto "Fiz, o coleccionista de medos".
   E aínda que facemos moitas cousas, sempre queda tempo para xogar.
     Tamén iniciamos a rutina das "encargadas" e "encargados" que cada día se encargan de facer o panel, pasando lista, poñendo o día que é e o tempo que fai.  E os que fan esa tarefa teñen o privilexio de poder ir de primeiros/as na fila. Para empezar están facendo esta labor as voluntarias e voluntarios, non establecín un orden predeterminado nin nada, simplemente van saíndo os/as que queren. Por suposto todas e todos van ter oportunidade de ser encargadas e encargados.
 






     Como vedes, hai moitas cousas que contar porque sempre estamos facendo algo. Ás veces costa centrar a atención e explicar unha tarefa pero, finalmente, imos conseguindo aprender moitas cousas e,por suposto, pasalo ben xuntas/os. O "Dado das vocales" gustoulles moito e todas/os querían participar pero non tivemos tempo dabondo. Pero non pasa nada porque será unha actividade que faremos máis veces para que osvinte pementeiros/as teñan oportunidade de tirar o dado e meterse na casa correspondente. Foi moi divertido!
          Agora estamos listos para celebrar o Samaín e o Magosto!
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario