Xa coñecemos varias figuras xeométricas: o círculo, o cadrado e o triángulo. Imos memorizando rimas sinxelas e xogamos a clasificar figuras. Pero ademais, coñecemos un instrumento musical que tamén é unha figura xeométrica. ¿Sabedes cal é?
Sempre intentamos facer moitas tarefas manipulativas porque traballar coas mans ven moi ben para adquirir precisión, para ter máis soltura nas rutinas como poñer o mandilón, ou pintar, porque axuda a ter imaxes mentais dos conceptos que traballamos xa que ao tocar algo o noso cerebro vai gardando información. E, por iso aproveitamos para coñecer e tocar o Triángulo, un instrumento de percusión ( e tamén idiófono xa que o propio metal vibra e emite o sonido agudo metálico tan característico que, por certo, aos nenos e nenas da Pementeira lles gustou moito). Algúns nenos/as non quixeron tocar e outros probaron dúas veces porque tamén écerto que a primeira vez podenon sair ben e non pasa nada por volver a intentalo de novo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario