Estamos xa a piques de celebrar o magosto e o Samaín, e xa aproveito para comentarvos que o xoves día 30 os peques poderán vir disfrazados de cousas que den moito medo (bruxas, esqueletes, pantasmas, monstros, cabazas, arañas, personaxes de pelis de medo como Miércoles, Maléfica, Frankenstein...). O luns xa mandaremos unha nota na libreta pero adiántovos que os nenos e nenas non terán que traer mochila eses día (nin merenda, nin auga, nin libreta, nin mandilón) e que a merenda nesta ocasión será aportada polo grupo de 4 anos. Será unha xornada festiva e moi terrorífica!
Estes días estivemos contando moitos contos de monstros, pantasmas e bruxas, cantamos cancións, falamos das cousas que nos dan medo e empezamos a participar na decoración dos espazos de infantil.

No hay comentarios:
Publicar un comentario