Parece que foi onte cando iniciamos o curso escolar e xa chegaron as vacacións de Nadal. Onte tivemos un día cargado de emocións, moitos nervios, moita actividade, enerxía desbordante, desconcerto en moitos casos, música, alegría e tamén algúns berros e enfados (eu penso que coa excitación do momento , estes /as pementeiros/as xa non canalizaban ben as emocións e as ganas de celebración e non había maneira de escoitarnos e de organizarnos). ¡En fin, é o que teñen as festas, , toleamos todos un pouco! Pero o importante é que eles/as disfrutaron a maioría do tempo, viñeron encantados coas súas galas de Nadal, bailaron, recibiron visitas, comeron as uvas, posaron con estilo nas fotos, tocaron as palmas coa Marcha Radetzky...
Celebramos unhas festas de Nadal con todos os elementos imprescindibles e coa alegría de estar todos xuntos. Aquí vos deixo a primeira parate da reportaxe fotográfica do día.
1.- Unha das primeiras cousas que queremos mostrarvos son as nosas bolsas de Nadal. Empregamos varios días de traballo para elaboralas pero finalmente quedaron bastante divertidas.
As bolsas e as portadas quedaron espectaculares! Nótase o tempo dedicado e a concentración coa que traballáchedes. Pero claro, os vosos traballos do trimestre merecen a mellor envoltorio. E menudo decorado más chulo! Esa cheminea parece de verdade!.
ResponderEliminarClaro que sí! Traballaron moito e estaban todos moi contentos de poder levar os seus caderniños de fichas para casa. Encántalles mostrar o que fan e para eles é moi importante que vós valoredes os seus esforzos. A decoración sempre axuda a facer do cole un lugar máis agradable e, despois dun ano no que non podíamos poñer nada nas paredes, xa era hora de volver a encher de cores os nosos espazos e pouco a pouco estamos a facelo, coa ilusión de que estos/as peques o disfruten. Boas festas!!!!!!
Eliminar