lunes, 20 de diciembre de 2021

A VISITA DE PAPÁ NOEL

  Hoxe foi un día emocionante para os nenos e nenas de infantil porque recibimos unha visita moi especial: Papá Noel!!!! non estabamos moi seguros de si podería vir con toda esta situación, algúns nenos estaban preocupados por si tiña Covid, pero parece que por alá por Laponia non debe haber tantos contaxios, e finalmente Papá Noel chegou a Padrón para coñecer a todos os nenos e nenas que teñen a súa ilusión posta nas festas de Nadal e para recoller algunhas cartas.














   Eu teño que dicir que poucas veces vin a estes pementeiros/as tan caladiños e tan quietiños nas súas mesas. Tereille que pedir a Papá Noel que veña con máis frecuencia por aquí.

   E como o protagonista do día foi este home gordecho e vestido de vermello, pois era o momento ideal para facer un debuxo que o representase no seu esplendor.










E mañán será outro día emocionante, seguro!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...