UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
sábado, 4 de diciembre de 2021
O CREBANOCES DE TCHAIKOVSKY
Levamos xa un tempiño coñecendo unha famosísima obra musical, "O Crebanoces" do compositor ruso Tchaikovsky, unha historia ambientada no Nadal chea de maxia e fantasía , con bonecos que cobran vida pola noite, loitas entre bos e malos, fadas, reinos marabillosos cheos de golosinas e finalmente o triunfo do amor, ao estilo dos tradicionais contos de fadas. O conto realmente xa estaba escrito e Tchaikovsky o que fixo foi transformalo ou adaptalo a un ballet estructurado en dous actos.
Tchaikovsky naceu en Rusia. As cidades máis populosas e coñecidas de Rusia son Moscú e San Petersburgo. En Moscú podemos disfrutar das cores e a orixinalidade da Catedral de San Basilio que parece sacada dun conto de fadas.
Hai moitas adaptacións do Crebanoces en formato de conto infantil. Nós empregamos na aula este:
Pero tamén escoitamos a música con frecuencia mentres realizamos outras tarefas, ou practicamos ritmos con algúns fragmentos. Por suposto todos/as coñecemos xa a Marcha ou a Danza da Fada de Azucre.
Fixemos varias actividades impresas coas que traballamos a lecto-escritura...
Pero seguramente o máis chamativo e vistoso foi o noso traballo de equipo pintando un gran crebanoces para colocar no noso corredor de infantil e ir, así, en colaboración coa aula da Sementeira, decorando estes espazos comúns cos motivos musicais e ao mesmo tempo navideños. Foi unha tarefa na que empregamos bastante tempo e na que puxemos interese, paciencia e ilusión. Como eu lle dicía aos nenos e nenas esta semana: é importante vivir cada día con ilusión, concentrarnos no hoxe, no que estamos facendo e non pensar só no que vai vir (o Nadal por exemplo) e ter presa porque chegue, senón aprender a disfrutar cada día co que estamos a facer. Non só é importante o resultado final (que obviamente nos gusta ver) senón todo o proceso. Pois esa é a pretensión disfrutar co que facemos cada día e, despois, finalmente, poder sentirnos orgullosos co logrado. Mirade canto traballaron as pementeiras e pementeiros, e sobre todo o que máis me importa a min, teño que dicir que sempre queren colaborar todos/as e iso é xenial.
E despois de tanto traballo, a nosa obra final é espectacular. E o conxunto composto co outro crebanoces da Sementeira non pode lucir máis na entrada da aula de psico. A idea que tivo a profe Ana para decorar este espazo foi fantástica e entre todos logramos darlle un toque cheo de cor a este espazo. ¿Vós que pensades?. Música e artes plásticas unidas dando alegría e espíritu de Nadal co cole.
Trabajaron un montón y el Cascanueces quedó precioso!!este fin de semana tuvimos la suerte de poder tener en casa el cuento del cole y lo disfrutamos un montón porque es un cuento con música precioso! Por cierto el día 23 interpretan en Santiago el Cascanueces en el Palacio de Congresos!!
Pero que chula la entrada de psicomotricidad!!! Esos cascanueces y ramitas quedaron genial. Felicidades profes y niñ@s
ResponderEliminar¡Qué mural más bonito y qué concentrados estaban todos pintando!👏👏
ResponderEliminarPrecioso o cascanoces👏👏👏
ResponderEliminarTrabajaron un montón y el Cascanueces quedó precioso!!este fin de semana tuvimos la suerte de poder tener en casa el cuento del cole y lo disfrutamos un montón porque es un cuento con música precioso! Por cierto el día 23 interpretan en Santiago el Cascanueces en el Palacio de Congresos!!
ResponderEliminarSiiii!! ya se lo dije en el cole. Yo iré así que a lo mejor veo algún pementeiro o pementeira por allÍ!
Eliminar