viernes, 5 de febrero de 2021

VENTÁS

         Empezamos o venres cun conto para reflexionar. ¿cal pensades vós que é a cousa que máis doe do mundo? Pois neste conto vanvos explicar cal é A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO.



    Como nos toca pasar uns días confinados, supoño que miraremos bastante polas nosas ventás. Así, continuamos o venres cun pouco de arte coñecendo algunhas fermosas pinturas que conteñen ventás. Cando volvamos á aula, incluiremos estas obras de arte no noso conxunto de Bits de Intelixencia. Así imos engadindo máis emoción.  

           MAÑÁN SOLEADA. EDWARD HOPPER

                             

              MULLER NA VENTÁ. SALVADOR DALÍ

                                             

              DÚAS MULLERES NA VENTÁ. MURILLO

                               MOZAS NO BALCÓN. EDOUARD MANET.

                                         

            LECTORA NA VENTÁ. JOHANNES VERMEER

                                  

      Todas estas obras de arte, mostran a soedade de alguén que desde da súa casa contempla o que pasa fóra ou realiza algunha actividade aproveitando a luz que entra pola fiestra. Dalgún xeito pode recordarnos a nosa situación confinados no fogar sin poder sair, verdade? Pode ser que algunha destas pinturas inspire un pouco de tristeza, outras poden transmitir curiosidade, alegría, esperanza...

Pensa:

         1.- ¿Cal desas pinturas che gusta máis? ¿Por qué?

         2.- ¿Cal che transmite más alegría?

         3.- ¿Cal che transmite máis tristeza?

         4.- Imaxina o que están pensando cada una das persoas que se ven nestas pinturas. Podes escribir nun papel os pensamentos que ti supós que teñen .

         E agora, mira estás pinturas tan cheas de cor de Henri Matisse. Este artista pintou moitas ventás porque él consideraba que eran moi interesantes xa que expresaban un canle de comunicación entre o interior e o exterior, unha ponte que une dúas realidades. ¡Mirade que ventás tan alegres pintou Matisse! ¡A que molan!






      E agora tócache a ti ser o artista. Tes que pintar a túa ventá como a ti che guste, como ti a ves, contigo diante ou coas cousas que podes contemplar... Ti eres ahora o creador!


          E ¿recordades esta pintura? Seguro que sí...


  "Paulo vestido de Arlequín" de Pablo Picasso. Como queda pouquiño para o Entroido, acordeime deste neno disfrazado, igual que vós que dentro duns días tamén vos ides disfrazar, ou eso espero... Si clicades na imaxe inferior, na paleta de cores cos pinceis,  poderedes abrir un arquivo que contén algunhas obras de arte das que hoxe falamos aquí para que as  poidades colorear se vos apetece. Recordade que debuxar, pintar, colorear debería ser algo que nos faga sentir ben, que nos faga disfrutar, reflexionar, concentarnos nas nosas emocións así que no me gustaría que ninguén o fixera obrigado, enfadado ou sin ganas, vale?. Animádevos a disfrutar da actividade, das emocións que vos provocan as imaxes, as cores, os trazos... a ¡veña! ¡a pasalo ben!


    E agora toca mostrar traballos que chegan das casas. Mirade qué interesante! David fálanos do MANATÍ DO CARIBE, outro animal en perigo de extinción.


  E David, que está moi traballador, tamén nos envía a súa DECENA.





  E ademais, David é todo un mestre que fai gala dos seus coñecementos compartíndoos coa súa irmá pequena, que cun profesor tan bo seguro que aprenderá moitas cousas. Mirade, mirade...

    Erik Pérez tamén está moi traballador, fai de todo, desde as tarefas que se propoñen no blog ata cociñar unhas magdalenas ben apetitosas ou facer pilates con mamá. Este confinamento está sendo ben productivo...



 


    Damián tamén mandou a súa investigación sobre o oso polar, un animal en perigo de extinción, e a súa rima. Como vedes, cada día estamos xa convertíndonos en auténticos comunicadores diante dunha cámara. En fin. novas habilidades acordes cos novos tempos.



E xa queda menos. ¡Vémonos protiño! Xa sabedes:
#confinadosperoanimados

No hay comentarios:

Publicar un comentario

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...