jueves, 18 de febrero de 2021

O CUMPLE DE MARTINA

    E hoxe tivemos novamente unha celebración: o aniversario de Martina. Volver do entroido e ter xa outra celebración é unha marabilla. Hoxe estivemos falando dos animais en perigo de extinción, recordando as investigacións que moitos nenos/as fixeron coa familia, e propuxen un novo reto para mañán (non sei se alguén comentaría algo na casa porque hoxe a atención do grupo andaba un pouco dispersa, pero eu seguirei perseverando).

    Despois de facer un traballiño, de xogar no patio e algunhas coutras cousiñas que xa iremos contando, por fin chegou o momento de celebrar con MARTINA o seu aniversario. ¡Xa é toda unha rapaciña de 6 anos! Apagou a súa candea con número 6, os compañeiros/as cantáronlle a canción, e fixemoso Circulo dos Eloxios. 

    Eu díxnlle a Martina que me gustaba moito ver como procuraba que os seus traballos estiveran coidados e ben feitos e como respondía sempre con amabilidade cando eu lle decía o que tiña que facer, ou que sempre me dá as grazas cando a felicito por algo ou a axudo, que esa xentileza sempre fai agradable estar na aula con ela.

    Os compañeiros/as dixéronlle cousas como:

  • Gustame como te comportas.
  • Gústame como fas ioga.
  • Estou contenta por ser a túa mellor amiga.
  • Gústame como saltas.
  •  Gústame o teu pelo.
  • Gústame como fas os traballos.
  • Eres a miña amiga favorita.




















3 comentarios:

  1. Parabéns a Martina!!! gran celebración! e recibiu uns eloxios que fan un gran retrato dela!!!!

    Valentina contou algo.. pero non sei se se atreverá a dicilo na clase porque non ía moi convencida.. sabereino a mediodía

    un bico e bo fin de semana!!!!

    ResponderEliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...