Como aínda nos queda un día máis de descanso antes de retomar as clases vouvos deixar aquí un vídeo que estiven montando con algunhas fotos da celebración do venres 12 de febreiro no cole.
Tamén vos deixo algunhas ideas de manualidades por si vos apetece facer algo na casa e un PDF con actividades impresas. Unha vez máis insisto en que non é preciso que os nenos/as as fagan, pero simplemente as poño porque algunhas familias as queren e eu trato de simplificarlles a búsqueda. Hoxe podemos atopar en internet multitude de fichas de todo tipo pero require certo tempo facer a búsqueda e tratar de elixir as que máis ou menos se adapten á metodoloxía e nivel do grupo.
Desde o meu punto de vista é máis importante facer actividades máis vivenciais, por exemplo:
- Ler xuntos, disfrutando das historias, descubrindo novas palabras, reflexionando sobre os contos.
- Escribir de maneira autónoma, coidando a direccionalidade dos trazos, tendo paciencia e reflexionando sobre os fonemas para "convertilos" en letras.
- Xogar con tarxetas de palabras (como as que vos puxen noutras entradas do blog, vendo cales poen ler de xeito autónomo, buscando rimas, facendo grupos coas que empezan pola mesma letra etc.
- Xogar xuntos a xogos de mesa que impliquen respectar turnos, cumplir normas e lles fagan pensar e traballar a concentración e paciencia.
- Debuxar, deixando voar a imaxinación e sin copiar o modelo que lles proporcionen mamá ou papá.
- Traballar o ritmo e a expresión corporal, cantar e bailar...
- Recortar, pegar, modelar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario