Hoxe rematamos coas mandas do Meco porque mañán é o noso día grande de Entroido. ¡A ver que sorpresa nos dan todos os nenos e nenas de infantil!
Na aula seguimos a coñecer algunhas manifestacións moi representativas do Entroido en Galicia. Se onte coñecemos aos peliqueiros de Laza, hoxe estivemos vendo os Volantes de Chantada e os Boteiros de Viana do Bolo. E despois estivemos vendo algunhas imaxes dun festival de máscaras que se celebra tamén por estas datas aproximadamente en Burkina Fasso, para comprobar como nos parecemos uns aos outros en certas manifestacións tradicionais como o feito de disfrazarnos e animar a vida dun pobo brincando e facendo ruido con vestimentas fantasiosas e cheas de cor.
¡Grazas a eses fantásticos Reis Magos que nos deixaron sorpresas en moitos sitios!E grazas tamén a Bruno e á súa mamá porque seguro que eles puxeron algo nas súas cartas para que os Reis Magos se acordaran de todos os compañeiros/as do cole!
Aproveito esta entrada con este agasallo que chegou duha casa para recordarvos que , dada a situación que estamos vivindo, nos protocolos do centro indícase que non podemos enviar cousas do cole ás casas e viceversa. Quero aclarar que cando chegou algo dunha casa, sempre foi co aviso previo das familias (que preguntaron se podíamos facelo dalgunha maneira) e con tempo suficiente para poñer en cuarentena as cousas que viñan da casa (igual que se fai cando mercamos nun super ou nos chega un paquete á casa). Eu non teño problema en recibir algo na aula pero temos que cumplir certos requisitos que nos garanticen certa seguridade.
Tamén, relacionado con isto, os nenos/as non deben traer chuches ou comida para compartir cos compañeiros/as de aula. De feito, xa aproveito para comentarvos que mañán cada un traerá a súa merenda, porque non podemos facer merendola conxunta e como eu tamén estiven confinada, non saín mercar nada para preparar algo para todos con tempo para manter esa cuarentena antes de levar o que fose para aula. Tendo en conta que xa estamos vendo que no cole, e mesmo na aula, tivemos algún caso de covid, eu penso que é un momento axeitado para reflexionar e entender que non podemos baixar a garda, que hai certas normas que debemos cumplir porque tampouco nos costa tanto, e que é mellor ser moi prudentes a ver se esta situación empeza a remitir. Seguro que entre todos podemos ir superando estas cousas e veredes como pronto poderemos ir facendo máis cousas en común cun pouco máis de tranquilidade. Non se trata de asustar, penso que as aulas son lugares bastante seguros, que desinfectamos constantemente, lavamos mans, levamos mascarilla... Tamén me gustaría que lle insistírades aos nenos/as que teñen que poñela ben e durante todo o tempo que poidan mentres estén con máis xente porque estamos comprobando que é unha importante medida de protección. É certo que cansa moito levala, pero agora os nenos/as da aula xa están empezando a cumplir 6 anos así que xa sería obrigatorio que a levasen e, certamente, hai algúns nenos e nenas aos que lles costa moito respectar esa norma de seguridade.
E para rematar, aquí van as últimas fotos que recibín desde as casas, neste caso de Julia e Sara coas mandas do Meco e experimentando coa simetría.¡Cómo me gusta ver os traballos que fixeron sobre simetría! ¡Parabéns!
Ahhhh! e casi me olvido, faltábanme os tres pementeiros que entraron hoxe no cole cargados de enerxía...
¡E mañán, todos e todas a disfrazarse con alegría e sentido do humor!
Disfrutar mucho del regalos de los Reyes Magos!! Nos alegramos mucho de que os gustase y seguir trabajando así de bien,os quedaron a todos muy bonitas las fichas de carnaval,son muy alegres❤️🧡💛💚💙💜
ResponderEliminar