Rematamos a primeira semana de confinamento e teño moitos traballos para mostrarvos. A verdade é que estes pementeiros/as están moi traballadores/as. Así que veredes de todo: rimas, traballos sobre as decenas, debuxos de ventás, investigacións sobre animais en perigo de extinción... Mirade todo atentamente porque os traballos son moi interesantes.
Iraide, preparada para traballar con todo o entusiasmo do mundo. Traballou as decenas, escoitou o conto, atendeu ás miñas explicacións e sei que anda a investigar sobre algún animal en perigo de extinción. ¡Así se encaran as tarefas!
Pablo Canabal, sempre coa súa orixinalidade e sentido do humor, estivo traballando coas decenas. ¡Bravo!
Moisés e Aroa elaboraron as súas propias cariñas para poñerlle os 10 pelos.¡Xeniales!
Erik Vázquez sentíase especialmente artístico e pintou a súa ventá con moita dedicación e un resultado máis que notable. ¡Parabéns!
Valentina tamén estaba inspirada e buscou rimas no conto da Mosca Chosca, explicou os sentementos que lle xeneraban as pinturas das ventás, elaborou a súa propia rima, investigou sobre os elefantes. ¡Parabéns por tanta dedicación!
E Manuel tamén está traballando moitísimo e progresando na lectura poñendo moito interés. ¡Bravo!
¡Parabéns a todos, nenos/as e familias! Estades facendo un gran esforzo así que teño que felitarvos a todos. Xa rematamos a primeira semana de confinamento e a ver se a próxima semana pode ser xa presencial no cole para retomar a rutina.
De todos xeitos, como aínda non teño confirmación de nada e non sei como vai estar a cousa, pois quería falarvos un pouco do Entroido.
O martes comenzarían as mandas do Meco que son as seguintes:
Se xa estamos no cole, pois iremos cada día cumplindo a manda correspondente. Se seguimos confinados, a miña proposta é que respetemos as mandas igualmente na casa:
#confinadosperoanimadoscoentroido
O venres teño plena confianza en que estaremos todos xa na aula. Este ano tan complexo, o centro decidiu que o tema dos disfraz sexa completamente libre, así que por suposto cada neno/a pode vir como queira. Tendo en conta que estamos confinados, aínda temos máis dificultades para ir mercar calquiera cousa que precisemos para elaborar o noso disfraz así que o que menos quero e darvos máis traballo e preocupacións. Eu mesma, non podo saír da casa e aínda non sei como facer o meu disfraz xa que terei que aproveitar o que teña pola casa.
Así que, liberdade `plena para o disfraz. E, o que propoño como idea por si alguén se anima, ten ganas e pode facelo é a seguinte:
Normalmente en infantil xa fai moitos anos, intentamos que os disfraces teñan algo que ver co tema do Proxecto. Pois ben, poderíamos vir disfrazados de moitas cousas porque o proxecto Ubuntu engloba un montón de temas:
- Animais dos equipos: abellas, formigas, suricatas, lobos... (ou calqueira outro que colabore cos seus conxéneres, que viva en grupo e teña comportamentos sociais como os pingüíns por exemplo)
- Personalidades Ubuntu: homes e mulleres que loitaron por facer un mundo mellor e máis xusto (calqueira dos traballados na aula -Malala, Wangari Maathai, Marie Curie, Martin Luther King etc.- ou que de repente se vos ocurran)
- Activistas, ecoloxistas, científicos, médicos, investigadores, naturalistas, exploradores...
Aí entraría a imaxinación de cada un, podería facerse un disfraz que teña que ver co coidado do planeta, coa investigación e a ciencia, coa paz... Poderíase convertir un superheroe "tradicional", por exemplo, un Superman imaxinade, nun superheroe ecoloxista, pacifista ou naturista ou nun defensor da Humanidae frente ao virus... pensade si con disfraces que xa tendes pola casa, podedes "transformalos" de xeito orixinal en cousas deste tipo que teñan que ver con Proxecto, poñéndolle pegatinas ou cartulinas con mensaxes ou mesturando a capa do superheroe coa roupa típica dun científico que busca a vacuna...
Poñóvos algunha imaxe, tendo en conta que se podería convertir un "cazapantasmas", nun cazacoronavirus. Ou un disfraz de Unicornio Arcoiris, nun defensor do planeta, un dizfraz de muller árabe pode convertirse en Malala, un explorador/a pode transformarsecon pequenos detalles nunha Jane Goodall ou Felíx Rodríguez de la Fuente, unha científica en Marie Curie o Gertrude Belle Elion... é cuestión de imaxinación.
En fin son unicamente ideas, por si vos resulta divertido e vos permite reutilizar o que xa tendes na casa. Traballando coa imaxinación, a reciclaxe e buscando un pouco a unión do grupo.
E para rematar con enerxía. Aquí vos deixo unha canción moi animada que a partir de agora escoitaremos os mércores que o día da froita no cole. Inglés, baile e comida sana con esta canción tan divertida. ¡Veña, todos a bailar!
Estamos sorprendidos con todas as cousas que os pementeiros e pementeiras están a facer estes días na casa. Nótase que están confinados pero animados!
ResponderEliminarEstamos deseando volver al cole pero estos días en casa, estando bien también apetece hacer cosas y, sobre todo, ver a los amigos a través del blog.
ResponderEliminarya tenemos en marcha el disfraz para el viernes... y las mandas do meco preparadas!!! con lo que hay por casa pero es que somos muy carnavaleras!! de hecho, tenemos tres opciones para el viernes!!
Eu tamén teño xa ganas de velos a todos! A ver si todo vai ben e nesta semana estamos no cole todos xuntos. A verdade é que non me dou tempo de aburrirme preparando cousiñas para o blog e recibindo e vendo traballos dos pementeiros/as, estou moi contenta con todo o que están a facer! Eu aínda non teño nada claro do disfraz porque teño que reutilizar algo que teña por casa claro, xa que non podo saír. Pero algo atoparei, e o importante é botarlle un pouco de imaxinación e disfrutar do Entroido así non nos vamos agobiar para o venres! Eso sí teño moitas ganas de ver como veñen eles que seguro que estarán fantásticos!
ResponderEliminar