viernes, 19 de febrero de 2021

TRIPLE ANIVERSARIO: MOISÉS, AROA E... COPÉRNICO

    E hoxe máis celebración aínda na Pementeira. Si onte lle tocou a Martina, hoxe tivemos unha triple festa porque, por un lado Aroa e Moisés xa teñen 6 anos e, por outro lado, un importante astrónomo do Renacemento, COPÉRNICO, comparte con eles a súa data de nacemento, o 19 de febreiro só que uns pouquiños anos antes.

    Así que imos ao tema importante do día: o cumpleanos de Aroa e Moisés que estaban moi contentos e mesmo bastante emocionados. Cada un, por suposto, tivo oportunidade de apagar a súa candea e escoitar os seus eloxios. É certo que a canción de cumple só a cantamos unha vez pero no Círculo dos Eloxios, aínda que xa eles se situaron xuntos no medio, todos/as nós aicamos unhas bonitas palabras a cada un deles por separado posto que son dúas persoas diferentes e merecen cada un ter o seu momento e a atención dos compañeiros/as.

      Como é habitual primeiro apagaron a candea, Moisés con toda precisión e efectividade só necesitou soprar unha vez e listo, pero Aroa parece que foi un pouco suave ao principio ou que a candea estaba ortalecida e non quería apagarse porque cando pensabamos que xa estaba apagada, revivía e Aroa tiña que soprar outra vez! Foi divertido.


                                    



    No círculo dos eloxios, empecei eu como fago sempre para romper o xeo. A Moisés díxenlle que hoxe especialmente estou orgullosa del porque non se encontraba ben pola mañán e foi valente, conseguiu escoitarme e ir tranquilizándose ata que finalmente disfrutou plenamente do seu día;  e tamén que me gusta velo concentrado nas tarefas e facendo con precisión as actividades impresas, sobre todo cando debuxa que pon moitos detalles, para despois disfrutar a tope correndo e saltando cos amigos no patio.
   A Aroa díxenlle que me gusta ver a súa seguridade cando escribe sin mirar a pizarra e cando nos explica cousas que investigou na casa ou que recorda de explicacións que eu din no cole. Admiro que teña boa memoria e lle guste  ler. Tamén me gusta ver o seu sorriso cando a felicito ou lle fago unha broma.
    Os compañeiros/as dixéronlle a Moisés cousas como:
Me gusta como corres en el patio.
Me gusta como pintas.
Eres mi amigo favorito.
Me gusta jugar contigo en el recreo.
Me gusta como trabajas.
    E a Aroa dixéronlle:
Me gusta como haces yoga.
Me gusta como lees.
Me gusta jugar contigo.
Eres mi mejor amiga.
Me gusta como haces los trabajos.











    Non tivemos tempo de darlle a tarxeta de felicitación que facemos coas firmas de todos os compañeiros/as pero o luns entregarémosllela co mesmo cariño que si fora hoxe.  

    E, con permiso de Aroa e Moisés, que son os protagonistas indiscutibles do día, hoxe tamén é o aniversario de Copérnico. Por aí iba o reto que puxen onte. A miña pregunta foi: ¿Qué importante personalidade que se adicou a estudar o universo, o Sistema Solar, tamén está de cumpleanos mañán, o mesmo día que Aroa e Moisés? E teño que dicir que a única pementeira que se acordou de investigar foi Valentina que, tan pronto entrou pola porta, dixo. Teté, ese señor que está hoy de cumple y que investigó las estrellas puede ser Nicolás Copérnico? E claro, levei unha alegría, porque efectivamente, tal día coma hoxe en 1473, nacía en Polonia (o mesmo país no que naceu Marie Curie, como nos recordou Martina) Nicolás Copérnico. Así que ¡parabéns a Valentina! E tocou facer unha fichiña recopilando algúns datos sobre Copérnico e aprendendo novas palabras.


















Hoxe tivemos un día estupendo no cole, todo foi rodado, fixemos un montón de cousas, lemos un conto moi divertido...

Vimos un víeo sobre animais en perigo de extinción...

   Houbo clase de inglés a ata tivemos tempo de xogar... O xogo de construcción que trouxeron os Reis Magos está gustando moito e a verdade é que resulta moi vistoso e entretido. ¡Mirade que construiron hoxe algúns nenos/as!





5 comentarios:

  1. Hola, a verdade e que moisés levaba moito tempo esperando o seu cumple, penso que sería polo regalo xa que este ano sabía que non habría troula como otros anos. Tan emocionado estaba que se puxo un pouco nervioso. Por sorte se relaxou e estivo todo o día xogando co seu ansiado regalo de cumpreanos. Aroa tamen estaba moi contenta pero mais tranquila. Menos mal que tanto Aroa como Moisés e todos os seus compañeros ainda poden celebrar o cumple no cole, xa que senon sería mais triste ainda esta situación. Ata o próximo cumpreanos, deseo que todos os nenos da clase poídan ir o cole no seu día especial.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sentir nervios é normal,é unha emoción máis, e os nenos igual que os adultos sinten emocións diversas que non sempre son sinxelas de canalizar. Ás veces pensamos que só están contentos, tristes ou enfadados e non é así, estar excitados ou ansiosos por un acontecemento, sentir medo ou certa angustia ante algo descoñecido, estar expectantes, ansiosos, desanimados, temerosos, decepcionados, esperanzados...en fin sinten moitas cousas que son difíciles de explicar para eles porque non teñen experiencia e porque carecen do vocabulario preciso. Por iso me gusta falar sobre as historias que lemos, ver as palabras novas e expresarme con diversidade de términos porque non debemos reducir todo a, por exemplo, "mamá/papá/a profe está enfadada/o". É certo que Moisés pasouno un pouquiño mal a primeira hora, pero despois disfrutou moito, seguramente moito máis que outros nenos/as, o seu cumple, e iso é bonito, pensar que conservan ilusións fortes. Tamén me gustou ver como Aroa lle colleu a man nalgún momento para darlle tranquilidade. Desde marzo pasado estamos vivindo emocións complexas e os nenos/as tamén así que é lóxico ás veces estar nerviosos sin saber por qué. O importante é que a mañán foi estupenda, que nos dou tempo a facer moitas cousas, que disfrutamos co cumple e o único que nos faltou foi a tarxeta de felicitación. Un bico forte para Moisés e Aroa.

      Eliminar
  2. parabéns Moisés e Aroa!!! este ano tan extraño fai sair os nervios do xeito máis extraño!!

    Valentina saleu contentísima de "acertar" con Copérnico... a por outra semana a topoe!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí que estaba contenta. Además tan pronto me lo dijo, le pedí que no lo contara para ir preguntándole yo a los demás que todavía estaban entrando poco a poco y quería ver quien se había acordado, y ella pacientemente esperó😂😂 Me gusta ver que se alegran con esas cosas porque no tienen un "premio" concreto o material, sino que es la satisfacción propia de lograr algo, de ver que pueden conseguir cosas y que se sienten bien aprendiendo e investigando... Me alegro mucho...

      Eliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...