UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 3 de febrero de 2021
RETOS Y MUCHAS MÁS COSAS
Bastante relacionado co Proxecto Ubuntu, o pasado xoves planteei un RETO na Pementeira. De vez en cando, cando xurde de maneira espontánea na aula, gústame presentarlle aos nenos e nenas algún reto que consiste en pedirlles que investiguen sobre algunha cuestión da que queremos aprender máis cousas das que xa sabemos. O caso é que non hai aviso previo, que non mando comunicación ás familias e que unicamente o deixo caer na aula, eso sí, voullo recordando ao longo do día, e de paso comprobo como andan estes pementeiros/as de atención e memoria. O xoves vendo un libro novo que acabo de comprar, empezamos a falr dos animais en perigo de extinción. Así o reto plantexado foi o seguinte:
Buscade algún animal que se atope en perigo de extinción.
Pois un neno e dúas nenas da clase (polo que sei ata o de agora) acordáronse do reto e cada un buscou un animal en perigo de extinción. Saúl fálanos do rinoceronte negro e mirade que ben se explica no vídeo.
Martina trouxo un debuxo do tigre de Sumatra.
E Aroa fixo unha profunda labor de investigación e recollida de datos da foca monxe do Caribe. Escribiu ela soa a información máis importante.
¡Parabéns aos investigadores con boa memoria e con ganas de traballar! E xa sabedes a partir de agora vou poñer retos porque é unha actividade que me gusta moito facer cos nenos/as de 5 anos.
E como xa vos estades enterando do reto que propuxen, se alguén máis se anima a investigar sobre un animal en perigo de extinción, eu estarei encantada de recibir traballos e compartilos convosco.
Hoxe déixovos aquí o conto "A casa da mosca chosca", e a canción correspondente, porque quero plantexarvos un xogo de palabras que rimen e neste conto hai moitas rimas. Escoitádeo con atención e podedes ir anotando as palabras que riman.
Xa sabedes que a min me gustan moito as rimas e, de feito, ás veces lemos na aula as Rimas arbóreas que fixemos o curso pasado e que vos dan moita risa. Xa sabedes o que quere dicir que as palabras rimen, verdade? As palabras que riman son as que rematan igual ou de maneira moi, moi similar. É dicir que cando pronunciamos esas palabras, xa nos damos conta de sona igual ao final, por exemplo:
RATO-BURATO
As dúas palabras rematan en -ATO.
Mirade estas rimas...
E agora buscade vos, as palabras que riman. Mirade os debuxos, pronunciade cada palabra e descubride cales riman.
Pois agora aquí tedes unhas tarxetiñas con palabras en galego e en castelán para que traballedes coas dúas linguas. Podedes recortar as tarxetiñas, barallalas e despois ir buscando as que rimen entre si. Pode haber máis de dúas pcións. Escribinas en maiúsculas e tamén en minúscula de imprenta porque moitos nenos xa se lanzan a ler as minúsculas e así todos se van afacendo a velas e asocialas coas grafías correspondentes en maiúsculas. Podedes tentar leer vós cada tarxeta ou pedir axuda a alguén. O importante é descubrir esas rimas, educar o oído para descubrir os sonidos iguais ou semellantes.
Clicade na imaxe inferior para descargar o arquivo:
Vedes que as tarxetiñas non teñen imaxe. para esforzarnos máis na lectura. Podedes xogar a ler simplemente, ou a asociar cada palabra en maiúscula coa correspondente en minúscula (se recortades polo medio), ou a buscar as parellas que riamn ou mesmo se hai máis dunha parella que comparta rimas. Podedes facer debuxos das palabras de cada tarxeta para pegar pola parte de atrás, ou xa vos propoño unha actividade moi divertida que sería escribir un micropoema cona parella de palabras que riman, por exemplo con ESQUÍO e FRÏO podería escribir:
Na árbore acurrucouse o esquío
porque non lle gusta pasar frío.
¡A ver con que me sorprendedes!
E un pouco de ritmo. Fai tempo que non practicamos Bim Bum Biddy Biddy Bum e Amawolé así que aquí van. Xa sabedes que tedes o enlace no lateral do blog, xunto con máis actividades deste tipo.
E outro exercicio de lectura rítmica...
E a profe Paula envíavos un par de vídeos para repasar algunhas cousiñas que traballáchedes na aula.
E mañán temos cousiñas de lóxica-matemática xa preparadas para poñer o cerebro a funcionar a tope.
Para rematar, quero mostrarvos algunhas cousiñas que me están mandando os nenos/as desde a casa porque, aínda que andamos liados todos con chamadas diversas e probas que hai que facer, sigue habendo un tempiño para debuxar, escribir, facer sumas, investigar e moitas cousas máis.
¡Alégrame moito ver aos pementeiros/as con boa cara e animados! Porque xa sabedes ...
Fantástico el trabajo de investigación de Saúl, Martina y Aroa���� Enhorabuena al resto de pementeiros por este confinamiento pero animados. Le encantó el cuento de la mosca y los vídeos de la profe Paula. Gracias
Fantástico el trabajo de investigación de Saúl, Martina y Aroa����
ResponderEliminarEnhorabuena al resto de pementeiros por este confinamiento pero animados.
Le encantó el cuento de la mosca y los vídeos de la profe Paula.
Gracias