Hoxe iniciamos a xornada con un conto moi bonito, moi sinxelo pero moi profunco á vez, xa que fala dalguén que precisa un pouco de cariño, fala da decepción, fala dos prexuizos e fala de como sempre podemos atopar a alguén que nos comprenda e comparta os mesmos sentementos que nós. Como normalmente fago, tras rematar a lectura iniciamos unha conversa sobre eses aspectos que se plantexan na historia e sobre o significado da palabra "decepcionado"(a pesar de que neste grupo de pementeiros/as propoñer momentos de reflexión sempre costa un pouquiño). Xa sabedes que me gusta moito que vaian integrando novo vocabulario nas súas conversas e que co tempo a súa expresión oral e escrita sexa máis precisa e rica. Un bonito agasallo que lles podemos facer aos nenos e nenas é regalarlles novas palabras, podedes ir anotando as palabras novas que xurden nun conto, nunha conversa, nunha canción, nun documental... onde sexa e así ir comprobando canto aprenden co paso dos días. Na aula imos facendo ese tipo de actividades aínda que cando voltamos do confinamento apareceu rota a nosa "Árbore das palabras novas" e teño que ver se podo reparala...
Xunto antes de que nos confinaran, eu plantexara un reto sobre os animais en perigo e extinción. Como recibín bastantes traballos sobre ese tema (estou recpilando todos os vídeos que me enviástedes para facer unha presentación conxunta), que parece que lles resultou interesante aos pementeiros/as, agora estamos recollendo algunha información nunhas fichas. Hoxe estivemos anotando cales son as principais causas que provocan que certas especies animais estén a piques de desaparecer.
canto aprenden!! qué boa pinta o conto, a ver si Valentina me di algo porque si nos falou da ficha e dos animais... e qué ben levan o ritmo!!!
ResponderEliminarsaudos!