martes, 9 de febrero de 2021

¡VOLTA AO COLEEEEE!

   E xa volvemos ao cole!!!! Aínda que hoxe estivemos pouquiñas, só Alba, Camila e máis eu, pasamos unha mañán estupenda e, claro, counos tempo a facer moitas cousas, a falar moito, e ata saímos dar un paseo para investigar o entorno próximo.

   Primeiro toca mostrar o peiteado das dúas pementeiras cos seus adornos... Moi guapas as dúas!


   Estivemos vendo o conto "Dous monstros" porque elas aínda non o viran. Cantamos e bailamos unhas cancións que facía tmpo que non escoitábamos, fixemos unhas actividades impresas, xogamos, rematamos as pombas da paz, e ata pintamos unha lúa superchula para unha cousiña que está no forno, a ver se podemos facela ben.








                                        




 

   O último día de cole antes do confinamento, o 1 de febreiro, tamén coincidiu que viñeron só dous nenos, Martina e Pablo Olivera, que tamén tiveron tempo de bailar, ver o conto e rematar as súas pombas da paz.


 








  E agora é o momento de mostrar os últimos traballos de duos pementeiros, David e Damián, que aínda non se incorporaron ás clases presenciais e que estiveron practicando o concepto de SIMETRÍA e plasmando a súa ventá como si foran Matisse.



                                        





   Antes de rematar, recordade que mañán é a segunda Manda do Meco... Espero que veñan xa todos os pementeiros/as ben ataviados para a ocasión (non é preciso que  traian o mandilón estes días, salvo que vós consideres que é mellor que o traian por evitar que manchen a roupa por exemplo pintando ou no comedor e así poden lucir mellor as cousiñas que vaian poñendo para cumplir as diferentes mandas).










1 comentario:

  1. clases personalizadas!!! qué lujo!!! a Valentina le dio tanta rabia no poder ir ayer, al final... y ya nos contarás hoy porque aunque no vayan todos deben de tener unas ganas de hablar, de verse y de salir del círculo casa/familia!

    ResponderEliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...