martes, 9 de febrero de 2021

ACTIVIDADES NA CASA E VOLTA AO COLE

    E por fin chegou o momento de volver á aula e reencontrarnos para seguir aprendendo xuntos. Así que,  quero mostrarvos as últimas tarefas que recibín , que están xenial, e despois xa volvemos á normalidade do cole. Eso sí, esta semana un pouco especial porque estamos empezando xa a celebrar o Entroido.

    Julia sorprendeume elaborando un teatriño con todos os personaxes feitos con material de refugallo, e ata inventou unha historia que me encantou e que remata con fermoso alegato pacifista, cunha frase de Gandhi. Tamén pintou o que podía ver desde a súa ventá. ¡Parabéns por esa  creatividade!


 

   Leo tamén estivo facendo moitas cousas, por exemplo elaborando pasta de papel e cartón para modelar figuras ben bonitas, como por exemplo unha estrela. E, por suposto, fixo unha rima superchula e moi actual, e a súa DECENA de superzings.¡Xenial esas actividades!




 

 Pablo Olivera fixo o debuxo da ventá e a súa rima, que tamén nos di con moita seguridade e alegría. E como se debía de sentir moi poeta, quiso recitarnos o poema que ía nas fichas, "Navegando voy". ¡Estupendo!
 




   Bruno realizou unha presentación sobre animais en perigo de extinción que me deixou coa boca aberta por esa seriedade e contención diante das cámaras, como si se dedicara a esto toda a vida e polo ben que explica as acausas de que certos animais estén nese risco de desaparecer. E con esa conexión de temas e conceptos, que a min me gusta facer sempre e vexo que Bruno ten xa perfectamente interiorizado, xa elaborou a súa DECENA con animais en perigo de extinción. ¡Parabéns! Eso sí, entendo que esté traballando tan ben na casa, porque ten unha compañía que é inmellorable. Así todos traballamos mellor, verdade?
 


  Sara estivo moi traballadora e mandou un montón de cousas, unha rima estupenda recitada con moita soltura e alegría, ¡encantoume!, unhas decenas moi coloridas e variadas (teño que dicir que a miña favorita é a decena de froitas porque é todo un bodegón, unha foto moi pictórica que me gustou moito, moito) e debuxou a súa ventá. ¡Magnífico, Sara!


    E quédame Pablo Canabal que foi o primeiro en mandar xa o seu traballo sobre a simetría, que me gustou moito, porque entendeu moi ben o concepto e porque me encanta ver aos nenos e nenas pintar relaxadamente, disfrutando coas cores e expresándose con tranquilidade, con espontaneidade... ¡Moi bo traballo Pablo!



   Creo que non me queda nada no tinteiro. A verdade é que recibín moitos traballos dos nenos e nenas da Pementeira. Parabéns a todas as familias por esta implicación. É importante trater de manter certas rutinas cos nenos e que se manteñan ocupados de maneiras distintas. O xogo é fundamental par o seu desenvolvemento, e penso que tiveron tempo de xogar, pero tamén me gustou moito ver que moitas das propostas que vos fixen , as realizaron cun espíritu lúdico e cunha actitude moi relaxada e feliz que se transmitía nos vídeos e nas fotos e iso gustoume moito. Está claro que nun confinamnto non podemos poñernos cun exceso de correccións, ou insistindo en detalles concretos, porque a situación non é axeitada e os obxectivos fundamentais están logrados: os nenos/as fixeron cousas, estiveron participativos, aprenderon algunhas cousiñas novas, investigaron, crearon, leron e escribiron, cantaron e bailaron... Para min, a valoración é positiva.
   Agora toca volver a compartir espazos, atención dos adultos, materiais, ter horarios máis estrictos... pero o máis importante é reencontranos cos compañeiros, aprender xuntos, iniciar novas propostas nas que poidamos colaborar todos e... disfrutar do Entroido. ¡Imos alá!





2 comentarios:

  1. traballaron moitísimo e moi a gusto!! é unha maravilla... as actividades propostas tamén permitían a súa implicación e que o viran moi lúdico.
    agora toca voltar, pero co antroido na cabeza todo será máis lixeiro...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A veces é difícil planificar, e mesmo explicar, tarefas sin telos a eles diante porque o feito de non velos implica que che falta información, non che fan preguntas, non percibes si están comprendendo, si lles pode interesar ou non, si están moi despistados... non podes dar orientacións mentres están facendo algo e pérdese unha parte moi importante do acto comunicativo que, en definitiva, é ensinar. Pero, a modo de xustificación, intentei que eles poideran facer cousas diferentes con certa autonomía e, á vez, que se achegaran a algúns conceptos novos para motivar un pouco e atraer a súa atención. É outra faceta interesante que agora temos que empezar a desenvolver os docentes, pero está moi claro que en infantil a vosa implicación é funadmental para os cativos/as. Así que penso que non estivo nada mal ese traballo en equipo que estivemos facendo estes días todos/as.

      Eliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...