UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
lunes, 8 de febrero de 2021
SIMETRÍA
Empezamos outra semana #confinadosperoanimados. Eu estou segura que xa a partir de mañán, aínda que sexa de xeito progresivo, estaremos no cole traballando xuntos como debe ser.
Pero en fin, hoxe volvemos a empregar un vídeo como medio de comunicación e como presentación dun novo concepto: a SIMETRÍA. Pero esperade, esperade, que antes hai que cantar un pouco, mover o esquelete e escoitar un conto e, despois... ¡a traballar coa simetría!
Hoxe déixovos aquí outra mostra das cancións que disfrutamos con frecuencia na Pementeira, para empezar o luns con alegría e ritmo.
Xa movemos un pouco o corpo, así que agora relaxámonos e imos escoitar un conto. Frederik é unha historia cargada de significado, que fala da importancia das sensacións e as emocións, da importancia das historias e da poesía, da importancia, en definitiva, que ten para todos nós soñar, sentir, imaxinar e crear. Así que, escoitade este conto e reflexionade sobre o moito que necesitamos as palabras e as imaxes que nos permiten transportarnos a outros lugares. ¡Disfrutade con este ratiño poeta!
E agora, mira o vídeo con atención e seguro que entenderás moi rapidamente que é iso da SIMETRÍA.
E agora clica na imaxe da rá e terás un arquivo cunhas actividades impresas sobre este tema.
Tamén podes expeimentar coa simetría si tes un espello pequeno. Debuxa só a metade dun dunha imaxe e co espello podes "completar" a figura, porque o reflexo será como a outra metade que lle faltaba.
¡Que teñades un bo luns e espero vervos xa prontiño en persoa! E recordade que mañán empezan as Mandas do Meco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario