UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
sábado, 13 de diciembre de 2025
UN VENRES ESTUPENDO
Un día estupendo na Pementeira! Aproveitamos ben o tempo, estivemos rematando as bolsas nas que os nenos e nenas levarán os seus traballiños do 1º trimestre a casa, fixemos a nosa sesión semanal de ioga (hoxe un pouco diferente) e disfrutamos da música clásica. Como xa sabedes, o primeiro día do ano é toda unha tradición escoitar o Concerto de Aninovo que se celebra en Viena e que remata coa máis que célebre "Marcha Radezyky". Pois nós, na Pementeira, xa nos adiantamos e tocamos palmas con alegría escoitando a marabillosa melodía de Strauss.
1.-Bolsas rematadas.-
2.- Sesión de ioga.- Xa fixemos ioga sen mandilón e sen zapatos. Nesta ocasión estivemos vendo un conto yogui, "El cuento de las mariposas" (que está publicado no canal de youtube de LadaCP ao que podedes acceder directamente desde este blog -enlace no lateral dereito do blog-). Tamén fixemos un exercicio de control e coordinación corporal no que había que colaborar cun compañeiro/a e unha breve sesión de relaxación antes de volver á aula e disfrutar da "Marcha Radetzky".
Aquí vos deixo un pequeno vídeo resumindo estas actividades.
3.- Por certo, Galopín segue viaxando polas casas de Padrón (fai tempo que non comparto as imaxes):
4.- Esta semana tamén coñecemos a historia do Crebanoces. Primeiro lemos o relato nun libro que temos na nosa biblioteca de aulae despois vimos uns fragmentos do ballet de Tchaikovsky, a danza da Fada de azucre e a batalla dos ratos contra o Crebanoces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario