miércoles, 10 de diciembre de 2025

O ANIVERSARIO DE DARIO

    Hoxe celebramos o cumple de Darío. Agora xa ten 3 anos como os demais compañeiros e compañeiros. Realmente, para ser precisos, non todos teñen tres anos xa que queda un único pementeiro por cumplir dentro duns días. Así que á volta do Nadal xa podemos dicir con toda propiedade que somos a aula de 3 anos (que é como sempre nomeamos de xeito coloquial á aula de 4º de educación infantil).

  Pero hoxe o protagonista do día foi Darío que apagou as candeas, escoitou con certo nerviosismo a canción que lle adicamos e, a continuación, convidou a toda a clase a tomar unhas deliciosas galletas caseiras que estaban suculentas.

    

                            













                                     

                                     























  Como vedes as galletas foron todo un éxito, as caras de felicidade falan por sí solas. Na Pementeira sempre apetece celebrar amiversarios. Agora, antes de rematar o ano só nos queda un.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...