domingo, 11 de enero de 2026

EMPEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE

     Remataron as festas de Nadal e regresamos con enerxías renovadas ao cole. O mellor de todo foi que tivemos unha gran sorpresa. Cando entramos na aula resulta que había uns paquetes, uns agasallos que nos deixaron os Reis Magos para ter na aula e disfrutalos todos/as xuntos/as. 


   Obviamente había que esperar a que chegaran todos os nenos e nenas para abrilos. Cando xa estábamos todos/as, empezamos o proceso de apertura de agasallos.




















                                            


                                           









                                            






























     Despois de abrir todos os agasallos e de ver o que era cada cousa, Manuel repartiu as galletas do seu cumple. Como sabedes celebrámolo o último día do trimestre pero con todo o que fixemos ese día e coa merendola conxunta de Nadal, deixamos o reparto de galletas para o primeiro día do trimestre, para empezar con bo pé esta nova fase. 

















     E despois houbo tempo de xogar, de falar das vacacións, de contar que nos deixaron os Reis e Papá Noel na casa, de escoitar cancións e de ir pouco a pouco volvendo á rutina escolar.






























   E o venres na sesión de ioga, estreamos o novo xogo da ruleta de ioga.




















 



















   E agora a continuar este segundo trimestre con moitas ganas de aprender cousas e disfrutar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EMPEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE

     Remataron as festas de Nadal e regresamos con enerxías renovadas ao cole. O mellor de todo foi que tivemos unha gran sorpresa. Cando en...