Parece imposible pero acabamos devolver do Nadal e xa estamos pensando no Entroido. Isto vai a toda velocidade! Xa estades as familias preguntando polos disfraces, preocupadas por todo o que conleva a preparación dos mesmos... Así que hoxe xa os peques levaron unha nota a casa con información sobre o tema.
Polo tanto, para concretar, a proposta de infantil para os disfraces de Entroido é pensar algo alusivo ao tema central do Proxecto Blablalandia. Como xa sabedes, o proxecto xira en torno á importancia da palabra, da linguaxe, da transmisión oral mediante os poemas, retahílas, rimas, cancións e contos na formación e na impregnación cultural de nenos e nenas. Como elementos articuladores do Proxecto partimos dos poemas de Gloria Fuertes e os contos do griot camerunés Boniface Ofogo. A partir deles podemos, obviamente, achegarnos a outros poetas e outros autores de contos desde os máis clásicos ata outros máis actuais.
Así pois, algunhas ideas de disfraz poderían ser as seguintes:
- Gloria Fuertes, podería ir na súa moto para levar libros aos pobos.
- Boniface Ofogo, un griot que vai narrando contos aos máis pequenos.
- Poeta, escritor/a, bibliotecario/a, contador/a de historias... é dicir, profesións relacionadas cos libros (nos que se recollen os contos e os poemas); ou os utensilios que se empregan para escribir: máquina de escribir, lápiz...
- Personaxes protagonistas dos poemas ou contos que imos traballando nas aulas: Doña Pitu Piturra, Como se dibuja un payaso, O león Kandinga, A máscara do león, ou calqueira outro protagonista dun poema ou dun conto que vos guste.
- Libro, biblioteca, librería...
- A partir de ideas xerais, cada un pode ir botándolle imaxinación, podemos mirar a portada do noso libro favorito para sacar ideas, recrear unha imaxe que nos guste, podemos facer un disfraz divertido de escritor ou escritora que sexa orixinal e gracioso, podemos reinventar un personaxe e relacionalo co proxecto (unha bruxa que fai pócimas cos libros, unha fada que sae dun libro, un rei dos libros, unha árbore da que colgan os poemas de Gloria Fuertes, un escaparate dunha librería nun mundo imaxinario, un mago que saca personaxes de contos do seu sombreiro...)

No hay comentarios:
Publicar un comentario