Hoxe recibimos o primeiro exemplar deste curso escolar do xornal Novas de Infantil. Xa tíñamos ganas de velo por fin!
Os nenos e nenas da Pementeira estaban moi contentos,mirándoo con atención e buscándose nas fotos porque para eles/as sempre é moi importante verse, ser protagonistas das noticias. Así que adicamos un tempiño a velo con calma, a disfrutalo, a recordar actividades doprimeiro trimestre e, despois, o venres xa o levarán todos/as a casa para que as familias tamén o poidan disfrutar ( ou iso espero).
Este xornal naceu xa fai varios anos coa intención de recoller unha mostra das diferentes vivencias que compartimos no ciclo de infantil. É certo que temos este blog e nel xase mostran moitas actividades, tarefas, xogos, festas etc. que compoñen no seu conxunto a vida destes pequenos pementeiros e pementeiras na escola. Pero o blog, aínda que penso que é bastante completo (contén moitas fotos, vídeos e case a totalidade do que facemos na aula) tamén é algo bastante volátil,unha entrada superponse rapidamente sobre outra e iso fai que se perda o sentido de permanencia, esa inmediatez tamén pode facer que se promova o esquecemento con certa facilidade. Por iso nos gustou a idea de retomar esta tarefa de elaborar un xornal en papel como unha maneira de facer máis permanente ese traballo trimestral. Estes xornais son cómodos de arquivar e poden gardarse para que cando estes nenos e nenas xa non estén en infantil, ou mesmo en primaria, recorden esta etapa educativa lendo estas páxinas e vendo as imaxes. Así que esperamos que vos guste.


No hay comentarios:
Publicar un comentario