Onte, venres 3 de xuño, foi un día grande na Pementeira. Tiñamos programada a visita de Vanessa, do CIM Terras de Iria, que quería falar connosco sobre o noso proxecto "Musiqueando" e, en concreto, sobre a actividade que fixemos en torno á música galega en xeral e a gaiteira Cristina Pato en concreto.
Ao longo do curso, con este proxecto centrado na música, comprobamos a aplastante presenza dos homes no mundo das artes. Coñecemos moitos compositores de música clásica e cantantes de todas as épocas e estilos. Facilmente, en calqueira investigación que facíamos ou calqueira composición ou canción que escoitábamos por primeira vez ou que xa coñecíamos con anterioridade, xurdía un home ou varios. Sin embargo, cando eu preguntaba sobre mulleres compositoras, cantantes, directoras de orquesta ou instrumentistas, non había moitas respostas. Certamente, si nos paramos a pensar en todos os músicos que admiramos é evidente que a hai moitos máis homes que mulleres. Para nós, os adultos, entender que durante séculos as mulleres estiveron relegadas ao ámbito familiar e que ter presenza e relevancia social era un auténtico reto para elas, pode resultar sinxelo; pero para os máis pequenos iso non é tan evidente e por iso tratamos de explicarlles como foi cambiando esta situación co paso dos anos.
Cando Vanessa nos visitou a primeira vez e nos mostrou o vídeo sobre mulleres da comarca de Padrón, xurdeu a posibilidade de facer algunha actividade sobre unha muller que destacase nesta parcela da música galega e que ela nos visitase para ver o resultado final e contarlle como fixemos o traballo. Así que era o momento preciso para facer fincapé nas mulleres que tamén destacan no eido da música. E como nos mergullamos na música galega, empezamos a investigar sobre as mulleres gaiteiras e coñecimos a Áurea Rodríguez, Cristina Pato e Susana Seivane.
Antes de que chegara Vanessa, preparamos unha pequena exposición de libros que teñan como protagonistas ás mulleres, e clasificalos partindo das principais características desas nenas e mulleres protagonistas. Tamén comprobamos que si quitamos os libros de princesas (que non teñen moita presenza na Pementeira e non son os que nos dan a imaxe máis actual e intelectual da muller) non temos demasiados libros que nos falen de mulleres interesantes, intelixentes, con personalidade e con iniciativa.
Colocamos un par de mesas na aula, buscamos libros e analizamos as características das mulleres protagonistas para escribir unhas tarxetas clasificadoras.
Os pementeiros e pementeiras estaban moi contentos porque lles encantan as visitas e tiñan moitas ganas de volver a ver a Vanessa, ademais tiveron oportunidade de falar e de mostrar o que saben e iso encántalles, bailaron, cantaron e sentíronse protagonistas co cal a xornada para elas/es foi perfecta. Tamén estaban un tanto nerviosos pero penso que conseguimos máis ou menos salvar a actividade e disfrutala que era o que eu pretendía.
Pero que sorte!!! E cantas cousas aprenden estes nenos e nenas.
ResponderEliminarA parte de aprender moitas cousiñas tamen o pasaron moi ben bailando unha muiñeira🥰👏
ResponderEliminar