miércoles, 8 de junio de 2022

O GAITEIRO DE SEOANE E PROBLEMAS MATEMÁTICOS

     Na Pementeira seguimos traballando sin descanso e todo ten cabida na nosa aula: música, baile, lectura, poemas, investigación, mates, arte... Para todo hai tempo si hai ganas, claro.

   Fai uns días estivemos observando e coñecendo unha obra do pintor galego Luis Seoane: "O gaiteiro". Unha obra que representa a un home tocando a gaite e está realizada con sinxeleza, cun debuxo bastante esquemático e cores puras como a el lle gustaban. Observamos o cadro, falamos sobre el, a maioría dos nenos e nenas vían unha muller tocando a gaita pero ningún/ha soubo dicirme por que pensaban que era unha muller, quizá tanto falamos de Cristina Pato que xa pensan en mulleres gaiteiras. Realmente non contén ningún detalle evidente que nos faga supoñer que sexa un home ou unha muller, e a esa conclusión chegamos finalmente, pero o caso é que o autor titulou a súa obra co xénero maculino, co cal aceptamos que represente un home.


   Despois de observar e falar da pintura, chegou o momento de disfrutar das cores e tratar de meternos na pel de Seoane no momento de pintar. Aínda que nós empregamos acuarelas e el traballaba co óleo, os grabados e a pintura mural.





















  A arte, a pintura, axúdanos a ter paciencia, a mellorar a nosa capacidade de observación, mellora o noso control motriz, permite que nos relaxemos e nos deixemos levar polas cores, potencia a nosa creativade, a expresión de emocións, a organización espacial... E despois de todo iso, non nos esquecemos de seguir mellorando nas actividades numéricas, practicando coas operacións que xa dominamos (a suma e a resta) pero agora imos "rizar o rizo" e hoxe  estivemos resolvendo problemas. 
   Platexamos un problema, eu escribino na pizarra e os nenos e nenas foron lendo todo o que eu poñía (co cal tamén practicamos a lectura que. por certo, está xa nun estadio moi avanzado). Analizamos a información, vendo cales son os datos importantes, anotámolos na pizarra e, a continuación, resolvemos  o problema dun xeito práctico empregando obxectos que temos na aula...
                         




   Cando xa tivemos claro que operación matemática tíñamos que empregar para resolver o problema,  puxémolo na pizarra...













  Como vedes, na Pementeira hai expertos y expertas en matemáticas!!!



   E xa temos outro pementeiro que chegou á meta da carreira de devorafroitas...



No hay comentarios:

Publicar un comentario

O ANIVERSARIO DE ANTÍA

     E seguimos celebrando aniversarios. Estes pementeiros e pementeiras  non paran de cumplir anos e nós non paramos de facer festas. O ve...