Apenas quedan 4 días para rematar o curso e seguimos de celebracións na Pementeira. Hoxe foi o día de Mateo que levaba dúas semanas facendo a conta atrás, ¡non lle daba chegado o día!. Así que hoxe estaba especialmente feliz porque agora xa é todo un mozo de 6 anos.
E hoxe tivemos a sorte de que poidemos facer a celebración completa fóra, ata apagar as candeas (xa o intentamos en varias ocasións pero o vento non nos deixaba prendelas así que era inviable).
- Gústame como fas as posturas de ioga cando te esforzas e como lees e atendes a Teté.
- Gústame o teu sorriso grande e que xogues comigo no patio.
-Gústame que estés feliz no cole e como repasas con rotus.
-Gústame que estés activo e fagas ben os traballos, e como corres no patio. Quero que xogues comigo e quérote moito.
- Gústame como das saltos, eres bo compañeiro e gústame cando compartes.
-Gústame xogar contigo e gústame cando fas ben as fichas e atopas os erros.
- Gústame moito que xogues comigo e sexas o meu amigo e gústame cando fas os retos e contestas a moitas preguntas.
FELICIDADES MATEO!!!
ResponderEliminar