jueves, 2 de junio de 2022

O CUMPLE DE ALONSO

      Onte tivemos celebración na Pementeira, un novo aniversario, nesta ocasión tocoulle o turno a Alonso que estaba realmente emocionado. Cando entrou pola porta xa lle costaba aguantar esa emoción, escapábaselle a risa e daba botes de alegría o cal é fantástico xa que non hai nada mellor que sentir esa alegría desbordante; por iso lle dixen que mostrara o seu sorriso con toda liberdade, que non apretara os beizos porque cando estamos contentos temos que contaxiar aos demais con esa alegría. Empezando así, imaxinádevos cando chegou o momento de apagar as candeas e escoitar a canción e os eloxios! Encantoume ver a Alonso tan feliz!


 


  Despois Alonso compartiu as galletas cos compañeiros e compañeiras que sempre están encantados de poder disfrutar de algunha cousiña doce a media mañán.












    A continuación realizamos o "Círculo dos Eloxios" e todos/as adicámoslle a Alonso unhas palabras afectuosas para deixar constancia de todo o que nos gusta de el. Alonso escoitou con moita atención e con esa emoción que o acompañou toda a xornada.
       -Alonso, unha cousa que me gusta moito de ti e ver o teu sorriso como hoxe que estás tan emocionado e contento, así que non o escondas nin o evites, mostra o teu sorriso con liberdade porque estar contento é xenial. Tamén aprecio moito que cando che corrixo algo non te enfadas e estás disposto a mellorar, comprendes o motivo polo que che corrixo algo e procuras escoitarme e así avanzar e facer mellor as cousas; nunca te pelexas cos compañeiros, eres paciente, esperas o teu turno e non interrumpes. Gústame cando estás activo e disfrutas coas actividades e os xogos, cando corres e saltas no patio e estás alegre cos teus amigos.
     - Gústame cando xogas conmigo no patio e mostras un sorriso grande.
     - Gústame cando estás activo e compartes as cousas, eres bo compañeiro.
        - Gústame como fas as posturas de ioga, como fas as fichas e como escoitas á profe. Quérote moito.
        - Gústame como coloreas e como eres pacífico, quero que xogues sempre conmigo.
          -Gústame como compartes, e como debuxas e gústame que estés alegre.
          - Gústame que estés contento, que non te enfades e que non fales berrando e quérote moito.
          -Gústame xogar contigo, eres o meu amigo e gústame ver o teu sorriso.
     -Gústame cando fas as tarefas ben e repasas con rotus de cores.












1 comentario:

O ANIVERSARIO DE ANTÍA

     E seguimos celebrando aniversarios. Estes pementeiros e pementeiras  non paran de cumplir anos e nós non paramos de facer festas. O ve...