lunes, 9 de diciembre de 2024

UN MURAL CHEO DE PLUMAS

     Dentro deste proxecto PLUMAS que estamos desenvolvendo, aprendemos moito pero intentamos non perder o sentido do humor e as ganas de crear historias orixinais. Por iso estivemos elaborando un mural con moitas plumas e con moito humor no que os nenos e nenas da Pementeira son os protagonistas de curiosas situacións xunto a aves de todo o mundo. Cada nena/o interactúa cunha ave diferente e para isotivemos que elexir as aves, colorealas, facer fotos, pensar que diría cada personaxe, recortar e pegar no lugar axeitado dentro do mural. Foi moi divertido e, tamén, bastante traballoso, porque a intención era coñecer un pouco cada ave, saber algunhas curiosidades das mesmas, imaxinar qué lle podía pasar a cada neno/a cunha delas, posar para a foto, organizar a colocación dos 22 peques e os 22 paxaros etc. Pero, está logrado e o importante é que foi un pretexto para aprender cousiñas e para botar unhas risas xuntos/as. Aquí vos deixo algunhas imaxes do resultado. Agora estou no proceso de elaboración dun libro de rimas personalizadas partindo do mural que espero que viaxe a cada casa para facervos pasar un rato divertido.

                         

                                     

                                                                                                 

                                       
                                        

                        

                       

                        

                           

                          

                            
                    

                           

                         

                      

                     

                      

                     

                     

                    












     Por outra banda, seguimos de vez en cando propoñendo retos. O último foi un éxito de participación, Estiven insistindo un pouquiño, a ver se algúns nenos e nenas que aínda non participaran nesta proposta de investigación se animaban a facelo. Estivemos falando da utilidade das aves e xurdiron cousas como: 
-Poñen ovos
-Cantan e así nós disfrutamos
-Podemos estudialos e dan ideas para construír trens e avións.

E, entón, xurdeu unha pregunta:
-Vos sabedes para que se utilizaban as pombas na Antigüidade?
  E dez investigadoras/es descubriron que as pombas se utilizaban para levar mensaxes dun lugar a outro. A mensaxe (que se chamaba columbograma) ía nun cilindro que se colocaba na patiña da pomba. As pombas, moi intelixentes, orientábanse moi ben para entregar a mensaxe e para regresar ao seu fogar.
 Parabéns a Noa, Carla, Leo, Mateo Lobato, Antón, Mateo Bello, Irea, Indira, Marco e África!





    Noa tamén investigou que as pombas son símbolos de paz, por iso cada ano en xaneiro facemos un montón de actividades coas pombas como protagonistas para commemorar o Día Internacional da Paz. O simbolismo da pomba deriva da historia bíblica de Noe e a súa arca construída para poder sobrevivir ao Diluvio Universal. Despois de 40 días e noites, Noé soltou unha pomba para que fora comprobar se as augas xa baixaran e podía ver terra. A pom ba regresou ao pouco tempocunha ramiña de olivo no peteiro, para darlle a boa nova a Noé de que o perigo xa desaparecera, o mundo estaba en calma, e podían baixar da arca para retomar as súas vidas.



   Ánimo, a seguir investigando e a ver se se van unindo máis pementeiras e pementeiros!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

VIVIMOS INTENSAMENTE O NADAL

   Non é unha frase feita este título. Realmente na Pementeira vívese con moita intensidade o Nadal. Nada máis entrar hai que comprobar se o...