miércoles, 18 de diciembre de 2024

UNHA VISITA MOI ESPERADA

    Hoxe tivemos unha visita moi desexada e moi esperada no cole: Papá Noele as dúas elfas que sempre o acompañan e nos fan rir. Despois do recreo fomos ao ximnasio e resulta que andaban por alí escondidas dúas elfas. Empezaron a falar con nós, a cantar villancicos e, de repente, entra Papá Noel! Vaia sorpresa e vaia emoción. Qué simpático estivo, a verdade é que é moi divertido, cantou, bailou super ben e agasallounos cunhas chuches.



















































































    Por outra banda, o elfo que nos deixa agasallos  na nosa clase, que bautizamos hoxe co nome de Trastadín porque fai trastadas, volveu a deixarnos unhas cartiñas cos seus gasallos para todos/as nós. Encántamos ver que nos trae, un día deixounos ganas de aprender, outro día risas e agora... mirade!









                                         

    Grazas Trastadín, a paciencia fainos falta porque pola Pementeira escasea, costa un pouquiño comprender que somos moitos/as e de vez en cando toca esperar e comprender que todos/as necesitamos a nosa parte de atención, a ver se esta paciencia nos permite aprender a respectar turnos, escoitar o que nos piden, esperar a que nos atenda a profe se está axudando a outro compañeiro/as, facer os traballiños con atención, escoitar un conto sen interrumpir e cousas así. Seguro que Trastadín nos está observando e sabe que esas prisas e impulsividade non nos veñen moi ben para as tarefas e rutinas de aula. eso sí, Trastadín tamén sabe que as risas, as apertas e os bicos son bos ingredientes para mellorar os días malos e facer perfectos os bos, e, obviamente, as ganas de aprender son fundamentais para tosos os nenos e nenas do mundo. Qué fantástico é Trastadín!
   E como lle facemos caso, as risas están sempre presentes na Pementeira. Traballamos moito, por suposto, pero tamén temos tempo de xogar e de rir xuntos/as!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario

VIVIMOS INTENSAMENTE O NADAL

   Non é unha frase feita este título. Realmente na Pementeira vívese con moita intensidade o Nadal. Nada máis entrar hai que comprobar se o...