Non é unha frase feita este título. Realmente na Pementeira vívese con moita intensidade o Nadal. Nada máis entrar hai que comprobar se o elfo Trastadín nos deixou algún agasallo deses tan especiais que el sabe deixar, coas panxoliñas empezamos a xornada movéndonos e cantando con enerxía, escoitamos contos de Nadal que nos fan reflexionar un pouco e traballamos sen descando nas nosas bolsas e portadas para poder levar a casa mañán despois da estupenda festa que xa está preparada. O traballo foi moito porque leva tempo poñer todos os detalles, recortar, pintar, barnizar, botarlle esas "ganas de aprender" que dan brillo ás obras plásticas... En fin, que a Pementeira parecía unha fábrica con traballo en cadea na que ían saíndo productos moi chamativos. Para que vexades todo o que tivemos que facer, aquí vos deixo imaxes de todo o proceso. Os 22 nenos/as tiveron que facer a súa parte, por suposto, importante, e eu andaba por alí dando indicacións e aportando materiais e pequenos detalles finais. E bastante traballo me costou tamén, teño que dicir, porque o Nadal aínda nos pon máis nerviosos do habitual e, por momentos, na aula parece que hai competicións de " a ver quen berra máis" e costa un pouquiño que me escoiten. Ayyy! canta enerxía pementeira se desborda cada mañán! Por iso tamén hai que saltar e bailar con ritmo para liberar esa enerxía!
Veña, aí tedes, un montón de fotos para que poidades apreciar todo o proceso de elaboración de bolsas e portadas; mirade canto traballaron!
No hay comentarios:
Publicar un comentario