Pois sí, o Nadal está á volta da esquina. Pasa o tempo ben rápido! Esta semana que vai empezar é xa a última do primeiro trimestre e polos espazos de Infantil do Rosalía xa empezamos a ter un ambiente festivo. Estamos decorando os corredores e recibindo algunhas sorpresiñas que nos encantan. Por exemplo, apareceunos un elfiño na aula que nos deixou unhas chuches pero tamén outros agasallos moi especiais: ganas de aprender e risas. Encántanos chegar pola mañán e comprobar se temos carta co agasallo do día. O elfo sabe ben que necesitamos algunhas cousiñas que nos fan aínda máis felices que os xoguetes ou as chuches e por iso quere traelas ao cole por se nos esquecemos de que as temos dentro de nós.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
sábado, 14 de diciembre de 2024
CHEGA O NADAL
Tamén recibimos unha carta do Elfo Tilín que sempre se esconde na Biblioteca e fomos buscalo. Lemos a pista que deixou e Maia atopouno dentro dun coxín de cor rosa. Ao principiocostou un pouco centrarse porque a impulsividade, a presa, o nerviosismo, fixeron que os pementeiros e pementeiras non se concentraran no que tiñan que facer, e corrían sen rumbo pola biblioteca. Para buscar algo tamén hai que ter calma e métodoe iso costa un pouquiño. Pero finalmente a pista levounos a atopar onde se encondía Tilín.
Para que o cole teña un ambiente de Nadal todos/as contribuímos na decoración.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
TAREFAS VARIADAS
Andamos en proceso de rematar tarefas e de preparar o fin de curso. Así que, esta entrada, vai ser un compendio de actividades que imos...
-
O proxecto Plumas está dando moitas posibilidades de aprender cousas interesantes. Un dos obxectivos deste curso e´sen lugar a dúbidas, ...
-
O martes pola tarde tivemos a gran sorte de disfrutar da presencia do doutor Ángel Carracedo no noso cole para falarnos de Xenética, Div...
-
De cando en vez na Pementeira recibimos visitas interesantes, pero o venres tivemos unha realmente inesperada, alucinante, emocionante, vi...
No hay comentarios:
Publicar un comentario