Hoxe tivemos un bo día na Pementeira. Lemos un bonito conto dun bufo que non podía durmir porque outros animaliños facían moito ruido.Pasámolo moi ben imitando os sonidos dos diferentes animaliños que viven no bosque e que non deixaban durmir a bufo. ¡Foi divertido!
Como agora en youtube hai de todo, pois resulta que unha nena tamén quiso contar o conto do bufo e aquí vos deixo o vídeo por se queredes escoitar o conto na casa.
Despois escoitamos unha canción moi chula, "A marcha das letras" para ir recoñecendo as vogais. E como nos gustou a canción, fixemos un desfile de letras. Hai que dicir que temos que perfeccionar a técnica e a organización pero teño que dicir que para ser o primeiro día estivo realmente ben e,de feito, todos os nenos e nenas que vedes nas fotos e nos vídeos saíron voluntarios e outros/as tamén querían pero non nos dou tempo. O luns esperamos poder repetir e facelo aínda mellor.
Como vedes gravei pouquiño porque era o primeiro día e, aínda que saíron voluntarios, a algúns lles entrou un pouco de medo escénico e a cámara tamén pode intimidar un pouco, así que enseguida a deixei para desfilar eu tamén e seguir marcando camiño e indicar certos movementos. Veredes como dentro de pouquiño xa temos un vídeo supermegaguay. O importante é que o pasamos ben a cantando e desfilando seguro que aprendemos as letras.
Despois de tanto traballo, tivemos tempo de xogar nos recunchos. Gustoume ver algunhas construccións que están facendo estes nenos e nenas e, tamén, comprobar como se van relacionando uns con outros, ver si colaborar ou compiten, se falan entre eles para chegar a acordos ou se discuten polos xoguetes... E, obviamente, hai un pouco de todo. A algúns cóstalles entender que os xoguetes son de todos e hai que compartilos, outros son máis "realistas" e asumen que aquí todos e todas temos dereito a disfrutar dos xoguetes... en fin, experiencias que nos van facendo avanzar. E como cada día, insistimos en que hai que recoller cando a profe manda porque temos que ir ao comedor.
E hoxe tocoulle a Antía levar a Galopín a casa. Espero que o disfrute porque marchou moi feliz!
A ver a quen lle toca o luns!
Que ben o pasan estes pementeiros, como disfrutan indo o cole, da gusto ver todo o que aprenden.
ResponderEliminarAí andamos, cada día mellor, collendo hábitos e rutinas e tamén xogando, cantando, aprendendo cousiñas diferentes. Cada día que pasa avanzamos un pouquiño e, penso, disfrutamos máis. Espero que o blog vaia servindo para que comprobedes que están xa facendo moitas actividades diferentes e que van gañando en autonomía e seguridade. Grazas, Miriam, por visitar o blog e deixar o teu comentario.
Eliminar