UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
domingo, 18 de septiembre de 2022
REMATAMOS O PERÍODO DE ADAPTACIÓN
O venres rematamos o Período de Adaptación e, polo tanto, o luns a asistencia ao cole xa é con horario completo, todo o grupo xunto, e co servicio de comedor e transporte. A ver como vai indo a cousa porque afrontamos novos retos. Pero seguro que todo sairá ben xa que que cada día damos pequenos pasos para adaptarnos plenamente á vida nun centro escolar. Teremos, tamén, que ter paciencia para ir solventando os pequenos problemas que poidan ir xurdindo.
Estes días cantamos dúas cancións de inicio e saúdo mentres cada neno/a vai colocando as cousas no percheiro e sentándose no espazo da asamblea.
O venres disfrutamos o conto de Cocorico que sempre triunfa entre os máis pequenos. O gato pelado aparece miañando para poñernos nerviosos pensando que vai comer a Cocorico. Pero finalmente todo se soluciona. Ademais do conto, tamén escoitamos a canción de Cocorico.
Despois de merendar e xogar no patio, relaxámonos na aula escoitando o "Nocturno" de Chopin.
Para afrontar xa esta primeira semana de cole "real" coméntovos un pouquiño como será o horario semanal:
1.- Os luns teremos a clase de Relixión ou Alternativa, e despois do recreo a nosa sesión semanal de Ioga.
2.- Os xoves teremos as sesións de psicomotricidade e música.
3.- O venres teremos a sesión de Inglés e PELO (Programa de Estimulación da Linguaxe Oral)
Este horario é máis importante para nós, as profes, para poder organizar as clases, as sesións de garda etc., que para vós ou os nenos/as xa que en infantil a metodoloxía de traballo é globalizada e polo tanto non se soen facer divisións estrictas por "asignaturas" como se fai noutras etapas educativas. Con isto quero dicir que podemos e debemos facer actividades psicomotrices, musicais, de expresión oral, de lóxica-matemática a diario e de xeito interconectado e transversal. Así que, como vos dixen na reunión inicial, aínda que no horario poñamos que facemos ioga o luns e psico o xoves, iso non quere dicir que non fagamos actividades deste tipo os outros días da semana, ou que non traballemos un contido de Lingua Estranxeira calqueira día. Por iso, recórdovos que nenos e nenas deberían vir con roupa cómoda todos os días pois eu podo programar unha actividade de lóxica-matemática (poño por caso)na que fagamos calqueira tipo de xogo corporal na aula de psico por exemplo.
Ánimo a todas as familias para esta semana. Veredes que todo vai ir ben, confiade nas profes e nos vosos fillos e fillas e tede paciencia coas cousiñas que non sexan perfectas e que non están na nosa man solucionar de maneira inmediata.
🤣🤣🤣estamos intentando integrar un momentiño de relaxación con música porque no patio está facendo calor, sudan e entran "eléctricos". Están graciosos/as porque miran a ver que fago eu, e miran uns aos outros pero hoxe xa se acordaban que escoitábamos o piano para relaxarnos. A ver si pouquiño a pouco imos logrando marcar momentos na xornada escolar e se van sentindo máis seguros e tranquilos na aula.
Moitas gracias!!!💪
ResponderEliminarPor certo, agora entendo porque o venres saiu decindo que se quedara sopa no cole😂🤣😂🤣
🤣🤣🤣estamos intentando integrar un momentiño de relaxación con música porque no patio está facendo calor, sudan e entran "eléctricos". Están graciosos/as porque miran a ver que fago eu, e miran uns aos outros pero hoxe xa se acordaban que escoitábamos o piano para relaxarnos. A ver si pouquiño a pouco imos logrando marcar momentos na xornada escolar e se van sentindo máis seguros e tranquilos na aula.
Eliminar