A segunda xornada do Período de Adaptación sucedeuse sin ningún tipo de problema. Os novos pementeiros e pementeiras xa se mostraron máis seguros/as na aula, xa coñecen o espazo e xa empezan a mostrar as súas diferentes personalidades o cal é estupendo porque para min, como mestra e como persoa, é moi importante observar, respectar e dar cabida á diversidade de intereses, habilidades, capacidades e respostas ante as situacións que os nenos e nenas teñen, igual que os adultos. A escola tamén debe ser un lugar no que descubramos que somos diversos/as e que podemos enriquecernos mutuamente.
Onte venres coñecemos a un cabaliño (Galopín) que camiña, trota e galopa e que nos levou de viaxe, Cantamos cancións, empezamos a traballar algunha rutina de aula (como colocar mochila e abrigo no percheiro, recoller xogos...) ,xogamos coa plastilina, volvemos a cantar e bailar a canción do Polo Pepe e ata saltamos na aula de psico.
Moi ben pementeitos👏👏👏💪💪
ResponderEliminar