jueves, 22 de septiembre de 2022

BUSCANDO PISTAS

     Hoxe tivemos un día emocionante no cole. Despois de facer as rutinas de entrada e escoitar as nosas cancións, saímos ao patio para buscar pistas do noso Proxecto de traballo para este curso. Os nenos e nenas fixeron de detectives para buscar distintos obxectos que estaban escondidos polo patio e que nos ían permitir descubrir o tema sobre o que investigaremos. 








 






    Despois de reunir todas as pistas levámolas para a aula e fomos véndoas unha a unha, falamos sobre elas, había cousas que coñecíamos, outras que non pero teño que dicir que algúnhas nenas estaban ben espabiladas e deron moitas respostas sobre o que estábamos vendo. Finalmente chegamos a conclusión de cal sería o noso tema de investigación para este curso. Pero ímolo deixar así, no aire, e xa seguirei dando imformación, a ver tamén se algún neno ou nena conta algo e vos vai explicando cousiñas...





    Dentro de esas pistas, estaban os nomes dos nosos equipos. Hai tres equipos na aula  e aquí están os nomes e os compoñentes de cada un deles.






Seguro que xa vos estades imaxinando o tema do proxecto, verdade?
E otra rutina que estamos iniciando é levar libros viaxeiros ás casas. Hoxe empezamos co noso cabaliño Galopín que vai pasar unha noite con cada pementeiro/a para que leades o poema  que vai con el e o coidedes moito. A afortunada de hoxe foi Indira. ¿A quen lle tocará mañán? Na clase, todos/as disfrutan moito con Galopín e o poema, espero que nas vosas casas o disfrutedes tamén.







2 comentarios:

  1. A carla encantalle ver esta entrada do blogue e ensinarlla os irmáns para que o vexan😅
    Seguido quere ver ao seu equipo e ao resto dos seus compañeiros🥰🥰🥰
    Estamos tan ilusionados como Carla co proxecto de este ano.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que beeeen! a ver se vou conseguindo interesalos e empezamos a facer cousiñas bonitas. Eu tamén teño ganas de que empecen a recoradr información, que conten na casa, que traian cousiñas ....

      Eliminar

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...