miércoles, 21 de septiembre de 2022

¡CANTAS COUSAS FACEMOS!

    Xa rematou o Período de Adaptación e agora estes pequenos pementeiros e pementeiras están a pleno rendemento no cole. estamos empezando a traballar as rutinas de aula. O primeiro día poñer o mandilón foi un pouco "dramático" porque non están habituados/as a vestirse sos e non teñen nada de paciencia para esperar a que a profe os poida ir axudando un a un. O segundo día xa foi un pouco máis doado pero aínda así vexo pouquiñas ganas de intentalo.Eso sí, algúns nenos e nenas estanse esforzando e xa o van poñendo e abotonando e iso é xenial porque se sinten moi orgullosos vendo que o seu esforzo ten resultado.

   Cada día despois de colocar a libreta no seu lugar e poñer o mandilón, sentámonos xuntos para escoitar as cancións de inicio. Despois contamos un conto (que sempre escoitan con moita atención) e a continuación facemos algún traballiño sinxelo para ir empezando a entrar a modiño nas dinámicas do cole. Onte practicamos o trazo horizontal e todos os nenos e nenas querían facelo na pizarra.






















    Vexo que hai control grafo-motor, todos/as son bastante capaces de dirixir o trazo nunha dirección determinada aínda que temos que traballar o xeito de agarrar o útil de escritura xa que a maioría non saber coller ben o lapis, rotulador ou cera. Así que, papás e mamás, se na casa os peques collen rotus ou ceras para garabatear e pintar, que está moi ben que o fagan, procurade indicarlle como deben agarrar eses utensilios (igual cos tenedores ou culleres). É lóxico que non o fagan ben porque hai todo un proceso de aprendizaxe, igual que para vestirse ou para comer, teñen que ir practicando e mellorando a medida que melloran a súa motricidade fina e o control corporal global. Tamén necesitan un pouco de forma para facer presión cos dedos índice e pulgar e suxeitar ben o lapis (por iso o xogo con plastilina tamén está moi ben para que se afagan a facer forza cos dedos), Se conseguimos que agarren ben o lapis, aos trazos serán máis precisos e coordinados e o esforzo físico será menor co cal non se cansarán tanto e non terán malas posturas que lles poden causar dor (xa que a nosa man está "diseñada" para empregar eses dedos, pulgar e índice, como unha pinza).


    Tamén nos estamos habituando a merendar xuntos, ben sentados e a pedir axuda á profe empregando as palabras máxicas: "por favor". De novo aquí insisto moito en que non me chamen berrando  nin chorando (porque non me gustan moito os berros) e que teñan paciencia que eu vou axudando a todo o mundo. Outra cousa máis e ir acostumándonos a recoller, tirar as cousas na cubeta correspondente (plástico, papel e orgánico) e gardar o tupper na mochila.









    A continuación imos ao patio. Cada día saen xa máis seguros/as e con máis ganas de disfrutar o cal é xenial. Encántame ver sorrisos, carreiras e enerxía nas horas do recreo. E tamén facemos un fantástico tren (mentres recitamos o "Triqui, traque", para entrar ou saír en orden e así non ter "accidentes".










    Como vedes, imos avanzando cada día. Aínda non teño moitas fotos porque son días de bastante axetreo e mentres atendo aos nenos/as non teño mans libres para sacar fotos pero veredes que pronto farán moitas cousas por si mesmos. Animádeos na casa a vestirse, a comer, a preparar a súa mochila para o cole... Se queremos que sexan autónomos temos que darlles as oportunidadesaxeitadas, se nós lles facemos todo xa non o teñen que facer eles/as. eso sí, tamén lles temos que "facilitar" certas tarefas. Se queremos que se vaian ao baño sos, deberían traer roupa que poidan "manexar" (subir e baixar con certa facilidade), se queremos que garden as cousas na mochila, deberían ter unha mochila con espazo para as súas cousas ... e así con todo. Teñen que ir acostumándose a facer cousas pero si llas poñemos tan difíciles oproceso será máis lento e frustrante. Por exemplo, se o luns traen o mandilón perfectamente abotonado gardadiño na mochila, van ter que desabotonalo enteiro para poder poñerlo, eu quero que intenten abotonalo por suposto, pero xa me conformo con que o intenten e abotonen un par de botóns. Vos tedes un neno/a  na casa, pero eu teño aquí 21 e teño que desabotonar 21 mandilóns ademais de axudalos a quitar sudadeiras, colgar mochilas, recordarlles que saquen libreta e a leven ao seu sitio etc.etc. etc. O mesmo ocurre cos tuppers. O importante non é que sexan os máis bonitos, o que importa é que sexan prácticos e manexables para eles /as. Se non teñen unha apertura suficiente, non son capaces de meter o tenedor para coller os pedazos de froita, tropézalles e cáelle ... se taren a merenda nunha bolsa de tela, dentro outro bolsa de plástico, dentro un tupper grande e dentro outro tupper pequeno, chegar á merenda é casi como unha expedición ao Everest para eles.
    Tamén vexo que hai nenos e nenas que traen moitísima merenda. Cada un de vós sabedes maís ou menos o que comen os vosos fillos/as pero eu comprobo que non son capaces de comer tanto, pensade que se trata dun petisco de media mañán. Estou adicando unha hora enteira cada mañán só para a merenda. Como vos dixen na reunión, eu non quero tirar comida, non levo nada ben que os nenos e nenas se habitúen a comer un bocadiño de cada cousa e despois tirar o que sobra, penso que é un exercicio de responsabilidade aprender a valorar a comida e o feito de tela (no mundo tíranse 931 millóns de toneladas  de comida cada ano, mentres moitos nenos e nenas morren de fame). Eu entendo que un día estén maliños e non coman todo ou que polo que sexa non acaben un bocado dunha froita ou dun bocata pero non comprendo que cada día traian catro cousas diferentes e despois coman un bocado de iogur e queiran tirar o restante. Por favor, pensemos en inculcar hábitos saudables para os nosos nenos/as pero tamén respectuosos co medio ambiente e xustos co resto do mundo.
   Mamás e papás, pensade un pouco no que é práctico e axudádelle aos vosos fillos/as a ser autónomos. Este é un logro no que todos (mestras e familias) temos que colaborar. Se na casa lle dades todo feito e despois aquí veñen con cousas tan complicadas é normal que se frustren e enfádanse conmigo porque pensan que son eu a que lle poño tantas trabas. Hai moitas cousas que podemos traballar conxuntamente polo ben dos peques.
   A ver se imos conseguindo interiorizar estas rutinas de aula, que non lles gustan moito ao principio pero que acabarán automatizando e xa farán sin esforzo dentro de pouco.
   Disculpádeme este rollo de hoxe pero o blog tamén nos pode servir para pararnos a pensar algunhas cousas que quizá non tíñamos en conta porque, lóxicamente, a vida escolar ten cousas que nunha casa en familia non son visibles.
   Veña, xa estamos na recta final da primeira semana de horario completo e estamos vendo moitos avances e imos solucionando cada día pequenos problemiñas. Cada día que pase o camiño terá menos obstáculos.


2 comentarios:

  1. A verdade e que entrei un par de veces no blog e non vía nada pero era porque non recargara a paxina 🙈. E hoxe encantoume ver todas as fotos e videos porque a verdade e que Indira ahora non quere contar casi nada supoño que porque será porque se ve un pouco sobrepasada con tanta novidade e irá cambiando. No da comida estou totalmente dacordo, eu sempre lle pregunto si comeu todo para irlle regulando un pouco a comida porque precisamente non quero que lle sobre e moito menos que a tire porque eu sempre lle digo que a comida non se tira asique alegroume moito ver todo isto no blog.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esta primeira semana está sendo moi axetreada e non sempre teño tempo de sacar fotos. As rutinas de poñer mandilóns, merendar, recoller, ir ao baño, respectar os recunchos de xogos etc están costando un pouquiño (bueno, realmente levamos 4 días, hai que darlles tempo) e necesitan moita axuda e moita atención co cal non hai mans libres para sacar fotos🤣🤣🤣. Non te preocupes polo que conta ou non Indira porque é moi particpativa, está moi atenta, contesta a moitas preguntas, entende moi ben os contos e disfruta moito con todo o que facemos. Xa irá contando cando a ela lle coincida e lle xurda. Grazas por visitar o blog e deixar o teu comentario.

      Eliminar

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...