Na Pementeira estamos facendo un montón de cousas cada día. Estamos disfrutando cos contos, cantamos canción (mesmo en inglés), bailamos, xogamos nos recunchos, merendamos xuntos, pintamos, recitamos poesías, e agora iniciamos unha nova rutina semanal que nos gustou moito: ¡FACEMOS IOGA! ¡Cómo mola!
Onte contamos o conto de "Antón el ratón" que nos gustou moito.
Na sesión de ioga practicamos tres ASANAS (posicións): a da árbore, o can boca abaixo e o triángulo. Teño que dicir que hai algúns nenos e nenas que xa están mostrando moita habilidade nesta disciplina e lograron unhas posicións moi axeitadas. ¡Xenial!
¡Que ben o pasamos! E estamos aprendendo que si non nos sae unha posición no primeiro intento, volvemos a probar e xa nos sae mellor.
Hoxe contamos un conto de dinosaurios, despois contamos cantos nenos e nenas viñeron ao cole, a profe escribiu os nosos nomes na pizarra para ver a nosa inicial e despois fixemos unha actividade impresa coa P do Polo Pepe. Traballamos super-concentrados e o traballo saiu xenial. ¡Así dá gusto!
E despois na aula de psico fixemos un circuito que nos gustou moito porque tiñamos que pasar por un túnel e era moi divertido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario