lunes, 12 de septiembre de 2022

TERCEIRA XORNADA DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN

     Hoxe luns xa tivemos unha xornada escolar un pouquiño máis longa así que fixemos máis cousiñas. Empezamos cantando unhas cancións iniciais, de acollida e saúdo, contamos un conto dunha tartaruga tímida que lles gustou moito a todos/as, fixemos puzles, recordamos o poemiña do cabaliño Galopín, merendamos e xogamos coas construccións un pouquiño e ata bailamos de novo a canción do Polo Pepe.

    Ademais de facer diferentes actividades, empezamos a practicar certas rutinas como colocar a mochila e o abrigo no percheiro, coller a merenda, merendar sentados, tirar as cousas nas cubetas axeitadas (orgánico, papel e plástico), recoller as merendas e os diferentes xogos, facer filas para sair en orden... Son moitas cousiñas e hai que ir repetíndoas cada día para que os nenos e nenas as vaian interiorizando e automatizando de maneira que cada día que pase será moito máis sinxelo e rápido facer todo isto. Certamente hai quen se frustra rapidamente e si non consigue algo no primeiro intento xa se enfada ou deixa de facelo, é bastante normal a estas idades, pero temos que insistir un pouco para que vaian asumindo pequenas frustracións no día a día e vaian descubrindo todo o que son capaces de facer a medida que o intentan e o practican repetidamente.

    A pesar destes pequenos momentos de enfados por non conseguir algo no momento exacto en que o querían, a mañán transcurriu con moita tranquilidade e normalidade. Moitos nenos e nenas xa se mostraron bastante autónomos, con ganas de facer cousas por si mesmos e moi satisfeitos cando lograban superar un pequeno reto e iso é estupendo. 

   Mirade as fotos e veredes como dá gusto velos na aula (a pesar de que haxa algún pequeno drama para entrar). Imos dando pequenos pasos cada día.

                 
























 















                                           
                                        
                                        
                                        

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...