lunes, 26 de septiembre de 2022

UN POUCO DE IOGA E ALGUNHAS LETRAS

    Hoxe tivemos un día estupendo na Pementeira. Pouco a pouco vexo que máis pementeiros/as se animan a intentar poñer o mandilón e abotonalo. Gústame comprobar que non necesitan chorar para pedir axuda e que xa buscan por onde meter os brazos ou se concentran ese esforzan por meter o botón polo ollal. Teño que felicitar a todos/as os que empezan a convencerse de que eles/as o poden facer e se sinten satisfeitos cando o logran . Cada día avanzamos un pouquiño. Hoxe, insisto, foi unha xornada estupenda, disfrutamos xuntos, lemos un conto moi chulo, desfilamos, cantamos, xogamos coas letras, fixemos ioga, levamos a Pepe para as nosas casas e todo iso sen choros nin enfados. ¡Xenial! A ver se o resto da semana é igual de boa. ¡Seguro que sí!

    O noso conto de hoxe foi "Un becho estraño". Estiveron todos/as moi atentos álectura xa que que temos na aula ao auténtico becho estraño que empeza sendo un ovo, despois resulta que é un rato e despois volve a ser un ovo, e cada vez que lle damos a volta ao conto pasa de ser ovo a ser rato, a ser ovo, a ser rato, a ser ovo, a ser rato... e podemos estar todo o día dando voltas.


    A continuación estivemos buscando as vogais e colocándoas na pizarra magnética. Traballamos todos xuntos/as cos ollos ben abertos e moitos/as nenos/as foron ben observadores e atoparon as letras.






 







    Despois fixemos de novo o noso desfile "A marcha das Letras" que nos gusta moito e que cada día sae mellor. Hoxe participaron os nenos e nenas que non o fixeron o venres.














E aquí están todos co sru amigo Pepe.











    Despois do recreo tivemos a nosa sesión semanal de ioga e fixemos dúas asanas que nos saíron moi ben: a postura de peixe e a do león. Hai que dicir que a do león foi a preferida da maioría dos pementeiros/as.
























   E para rematar a entrada de hoxe, aquí está Irea encantada de levar a Galopín para a sú casa. Espero que disfruten co cabaliño e co poemiña!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...