Onte celebramos o último aniversario deste ano 2022. Agora xa todos os nenos e nenas da aula "A Pementeira" teñen 3 anos. Leo foi o encargado de clausurar as celebracións que retomaremos cando empece un novo ano, o 2023, á volta das vacacións de Nadal.
Leo tiña ganas de celebrar o seu aniversario e ao mesmo tempo estaba un pouco nervioso tamén porque iso de facerse maior ao mesmo que lles gusta, tamén lles dá un pouco de vertixe. Apagou as candeas con precisión e escoitou a canción de "Cumpleanos feliz" que empezamos así como con pouco ánimo porque despois de tantos días de descanso parece que costaba retormar a actividade. Pero polo menos a medida que fomos avanzando xurdiron os sorrisos e o aplauso final xa foi máis animado e con moito cariño para Leo.
Temos que intentar tomar as merendas un pouquiño máis rápido e procurar recoller sen remolonear porque sempre nos queda pouco tempo para estas celebracións e para saír ao patio a xogar cando toca o timbre. Hai ritmos moi diferentes e aínda que tratamos de esperar por todos/as para cantar e comer as galletas, ás veces é imposible e alguén ten que comer a galleta máis tarde porque senón quedamos sen recreo. De todos xeitos, finalmente repartiu as galletas que trouxo para compartir cos compañeiros/as e o importante é que lles gustaron un montón (eu tamén probei unha e estaba ben rica). Leo estaba encantado vendo como todos/as disfrutábamos co seu agasallo. E hai que dicir que as galletas si que as comeron ben rápido todos/as e sen que lles insistira nadiña. E algúns repetiron tamén.
Como medran estes pementeir@s. Leo saíu todo contento do cole que xa celebrara o cumpre cos seus amigos e a profe.
ResponderEliminarParabens Leo!!!!!🎊🎉🎉🎉🥳🥳
ResponderEliminarA Carla encantaronlle as galletas😅
E que estaban ben ricas, e había tantas que poideron repetir, e o venres tomaron outra!!!
Eliminar