Chegou o día máis terrorífico do ano e os pementeiros e pementeiras, así como o resto de nenos e nenas de educación infantil do Rosalía, chegaron ao cole con moitas ganas de festa, de meter medo, de xogar e de disfrutar a tope dunha celebración tan divertida como é o Samaín. O cole estaba xa monstruosamente decorado (hai que recoñecer que os nenos/as da Sementeira e a súa profe traballaron moito para deixar os espazos comúns así de "samainescos") e o único que faltaba era preparar as mesas para a merenda, sacar moitas fotos, cantar e bailar e saír ao patio para degustar as castañas asadas.
Os disfraces estaban todos espectaculares. Pola Pementeira pasaron demonios, vampiros, bruxas, esqueletes, morcegos, zombies e ata Coco tocando a súa guitarra. Teño que dicir que se meteron moi ben no seu papel e poñían caras terroríficas e poses amenazadoras para sacar as fotos.
Aquí vos deixo un vídeo coas mellores imaxes dos pementeiros/as, e ata a inesperada actuación musical de Coco para rematar.
A continuación saímos todos/as ao patio cuberto para celebrar o Magosto e degustar unhas deliciosas castañas asadas. Levamos as papeleiras para botar as cáscaras e despois levalas ao composteiro. Algúns nenos comeron moitas castañas pero outros penso que se estaban reservando para a merendola que xa estaba preparada na aula de psico. Ao rematar de comer as castañas. foi a entrega de premios dos gañadores do Concurso de cabazas. Os premios foron para Adán, de 5 anos, da aula "A Sementeira" polo seu Banco dos Namorados: Juan do !º ciclo de Primaria pola súa serpe, Tirso do 2º Ciclo de Primaria polo seu Monstro das galletas e Mariña polo seu polbo. ¡Parabéns aos gañadores e a todos/as os/as participantes!
A merendola foi espectacular. Había de todo e penso que todosos nenos e nenas de infantil comeron ben a gusto. Algúns nenos e nenas non se separaban da mesa dos gusanitos, outros fixeron sandwiches de galletas, outros/as comeron ollos asquerosos e algúns deron tamén boa conta das cabaciñas (mandarinas). Non creo que comeran moito no comedor, despois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario