Estamos xa a piques de celebrar a terrorífica festa do Samaín. Penso que xa todos os nenos/as están preparando os seus disfraces para o venres, estamos xa recibindo cabazas decoradas para o concurso e algunhas castañas para o magosto. Xa decoramos o cole e nós, os pementeiros/as, intentamos colaborar tamén poñendo o noso gran de area pintando as cabazas que colocamos no corredor.
Así que hoxe decidimos facer unhas fotos divertidas nas que mostramos as nosas dotes interpretativas poñendo caras de medo porque estamos dentro dunha casa encantada. ¿Queredes ver que asustados están os nenos e nenas da Pementeira? Pois mirade...
Como vedes pasamos un momento moi divertido, todos/as querían sacar a foto e poñer cara de susto e costáballes esperar o seu turno. Pero non só sacamos fotos, hoxe tamén lemos un conto, falamos moito, fixemos unha actividade impresa relacionada co Proxecto Egeria e aínda tivemos tempo de ver os Bits de Intelixencia e xogar nos recunchos. Foi un día estupendo!
Cando lles preguntei se eles/as saben onde viven os monstros, África díxonos que "no monte" e todos/as parecían estar de acordo. Indira aclarou que viven "nas covas". Eu díxenlles que saio todos os días a pasear a Musa e a Apolo polo monte e nunca vin un monstro. Algúns tamén estiveron de acordo e dixeron que eles tampouco os viron pero África xa nos aclarou que "é noutro monte que está moito máis lonxe" e ante esa aclaración xa non tiven nada máis que dicir porque evidentemente eu non cheguei tan lonxe, claro. Como é habitual adicámoslle un forte aplauso ao conto porque sempre disfrutamos escoitando fermosos relatos.
Dá gusto ver como traballan todos/as tranquiliños e concentrados/as, verdade? É certo que hoxe estábamos pouquiños pero intentamos sempre ter algúns momentos de traballo nas mesas, que realizamos depois de atender a unha explicación, e así cada día imos collendo ese hábito que nos leva a aprender moitas cousas pero tamén a relaxarnos e disfrutar con este tipo de actividades que non teñen por qué ser desagradables.
Hoxe tocounos reflexionar sobre os medios de transporte, é dicir, aqueles que empregamos para desplazarnos dun ugar a outro, para viaxar e coñecer o mundo.
O luns tivemos a nosa sesión semanal de ioga. Fixemos dúas asanas, unha moi faciliña e outra un pouco máis complexa (aínda que non o parece). A primeira é unha variante da posición do peixe (que xa practicamos outro día) e a segunda foi a posición da silla que cando a vemos parece moi sinxela pero cando a intentamos reproducir comprobamos que costa bastante traballo. Eso sí, imos aprendendo que temos sempre que intentar as cousas para ir mellorando pouco a pouco.
E para rematar esta entrada, aquí vos deixo á última exploradora que pasou lista e axudou á profe: Carla (e fixo un traballo excelente).
A exploradora Carla. Dixonos o chegar a casa que fora exploradora, estaba super orgullosa👏👏👏
ResponderEliminarÉ que se poñen tan serios/as para pasar lista !!! Síntense super importantes!
Eliminar