Hoxe tivemos un día perfecto! Desde primeira hora ata que marchamos para o comedor foi todo sobre rodas, practicamente todosos nenos e nenas puxeron o mandilón sen protestas nin choros nin nada similar, cantamos as cancións de inicio con alegría e ritmo, estamos aprendendo unha nova canción en inglés, falamos un pouquiño na asamblea, Irea e Mateo Lobato saíron voluntarios para ser a exploradora e o explorador e axudar á profe, pasaron lista moi ben e finalmente escoitamos un conto realmente divertido que se titula "Glad monster, sad monster". Teño que dicir que sei que a estas nenas e nenos lles gustan os contos pero hoxe houbo moitísimas risas e iso é xenial.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
jueves, 13 de octubre de 2022
UNS MONSTROS MOI DIVERTIDOS
Despois do conto estivemos vendo unhas mazorcas de millo, falando sobre as cousas que podemos facer co millo e unha das mazorcas colocámola nunha cubeta cun pouquiño de auga preto da ventana, ¿para que?, pois iso ímolo descubrir dentro de pouco (ou iso esperamos todos/as). Cada día iremos vendo o que pasa e xa volo contaremos.
O martes estivemos practicando o trazo do número 1 e, en xeral, vai saíndo bastante ben para ser o primeiro intento.
E hoxe levou a Galopín o pementeiro Gael, que marchou moi contento para a casa. Espero que Galopín se porte ben e toda a familia disfrute con esta visita.
¡Parabéns a todo o grupo de pementeiros e pementeiras por comportarse hoxe tan ben, por facer as cousiñas con calma e alegría, por disfrutar no cole e por non ter nin un pequeniño capricho en todo o día, por escoitarme, por ter ganas de que lles lera poesías e por recordar todos os bits de intelixencia! ¡Que ben o pasamos! Hoxe foi un día realmente xenial!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
COUSIÑAS VARIADAS PRE-NADAL
As semanas anteriores ao Nadal sempre temos moito movemento polo cole. Así que imos facer un resumo dalgunhas das tarefas, xogos e activ...
-
Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...
-
Chegou o momento de empezar un novo curso escolar, o 2025/26. E unha vez que os nenos e nenas que habitaban as terras pementeiras mar...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...

Canto nos alegramos👏👏👏👏
ResponderEliminarXenial pementeir@s!!!
Sen caprichos moitísimo mellor.
Súper orgullosos. Seguide así 💪💪👏👏👏😊😊