sábado, 8 de octubre de 2022

NOVAS RUTINAS: A EXPLORADORA E O EXPLORADOR

     Esta semana iniciamos na aula "A Pementeira" unha nova rutina diaria: temos un explorador e unha exploradora que van a axudar á profe a facer moitas cousas, por exemplo pasar lista, ou repartir material, entregar libretas... xa iremos vendo. Eso sí, xa que van ter moito traballo, tamén teñen beneficios como debe ser e poden ir de primeiros na fila.

   O primeiro día saíron dous voluntarios: Marco e Indira, e o segundo día foron Carmen e Antón.








    Fixérono moi ben os catro. A ver o luns quen quere facer esta importante labor! 
    O venres contamos un conto moi bonito, e estivemos falando do outono, do que empezan a caer as follas, a facer un pouco máis de frío e a chover... pero realmente parece que este ano a chuvia non chega e seguimos bastante calos. Algúns nenos e nenas quixeron saír á pizarra a debuxar o sol que estaba lucindo.








    O conto de "Xaime e as landras" axudounos a reflexionar sobre a importantcia que teñen as árbores e como deberíamos plantar árbores e coidalas en lugar de cortalas, queimalas e maltratalas. No carballo que medrou grazas a unha landra que plantou Xaime, moitos paxariños construíron o seu niño. E resulta que na nosa aula temos un niño auténtico, feito por paxariños de verdade, que unha antiga pementeira nos trouxo e que quedou aquí. Así que aproveitamos para velo e algúns ata se animaron a tocalo con coidadiño porque é delicado. Mirade que interese lle puxeron todos/as.










   Tamén volvemos a disfrutar unha vez máis da "Marcha das Letras". Cinco voluntarios e voluntarias quixeron saír a desfilar. Agora como vedes xa desfilan con máis seguridade e xa disfrutan moito máis.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...