lunes, 10 de octubre de 2022

EMPEZAMOS A SEMANA CON ALEGRÍA

    Hoxe tivemos un día fantástico na Pementeira. Parece que xa estamos abandonando os dramas do mandilón, cada día hai máis nenos e nenas que se esforzan, inténtano e van logrando moitos avances. disfrutamos coas cancións e os contos, os exploradores e exploradoras empezan a pasar lista para comprobar quen falta ... E hoxe, como é luns, fixemos a nosa sesión de ioga e bailamos o Hoky-Poky que nos gusta moito. É certo que aínda temos que perfeccionar un pouquiño a coordinación individual e colectiva, pero pensade que esta é sói a terceira vez que o bailamos así que está requetebén.

    O conto de hoxe foi "Chocolata" que é unha hipopótama que tamén fixo unha viaxe desde a sabana ata a cidade para ir disfrutar dunha casa de baños. O conto está xenial e ademais ten unha canción.


    O exporador e a exploradora de hoxe, que saíron voluntarios rapidamente, foron Eric e Valentina e fixeron xenial a súa labor.





    En ioga fixemos a posición da cobra  (Bhujangasana) e practicamos o aleteo das bolboretas coas nosas pernas.










E aquí, todos/as listos para empezar a bailar o Hoky-Poky.



   E, para finalizar, Valentina foi hoxe a afortunada que levou a Galopín á súa casa. Espero que o disfrute porque marchou moi contenta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...