miércoles, 5 de octubre de 2022

IOGA E UN DRAGÓN VERMELLO

    O luns tivemos a nosa sesión semanal de ioga. Fixemos unha asana un pouco difícil e outra moi faciliña para compensar. O importante non é lograr a perfección no primeiro intento, o que temos que conseguir é ser pacientes e intentalo cada día para ir avanzando. Veredes nas fotos que xa hai moitos nenos e nenas que se están esforzando e logran boas posicións. Aí estamos, intentando facer cousas novas e diferentes, procurando perder medos, e tratando de traballar o noso corpo e a nosa mente.

Postura do barco: Navasana









   Postura do guerreiro 2. Neste caso só fixemos unha aproximación, un primeiro paso cara a postura final, para ir pouco a pouco.







  E rematamos cunha posición moi faciliña para relaxarnos e descansar porque había cansancio no grupo. Así que a última asana foi a do bebé: Balasana. É unha posición de descanso, boa pra cando hai dor de espalda pero tamén cando hai estrés ou nerviosismo, relaxa o noso corpo e a nosa mente e se a practicamos antes de acostarnos, axúdanos a dormir mellor.




   É curioso que, ás veces, cando estamos practicando, algúns nenos e nenas protestan e din que queren descansar e que non poden facer algunhas asanas e, despois, cando xogan ou mesmo noutros momentos na xornada escolar (hoxe por exemplo cando rematamos o conto e íamos a sentarnos nos equipos, algunha pementeira estaba na alfombra practicando ioga).

  Despois de relaxarnos bailamos dúas veces o Hoky-Poky que lles gustou moito a case todos/as (por iso o bailamos dúas veces, pediron repetición) pero non teño imaxes básicamente porque eu tamén estaba bailando con eles para que souperan o que tiñan que facer. A ver se pronto volo podemos mostrar.
   
   Ademais de tarefas menos agradecidas (como poñer mandilóns ou recoller xoguetes, merendas etc. que non son as preferidas dos pementeiros/as) tamén traballamos outras cuestións. Cada día contamos cantos nenos e nenas hai no cole, vemos quen non está, imos mirando as iniciais dos nomes, o día da semana... e pouco temos que ir identificando os primeiros números e algunhas letras. Tamén escoitamos contos como "O dragón vermello" ou "A galiña roxa" que gustaron moito e ata pintamos con pincel un dragón que quedou fantástico.
  


















 













                                       

                                         
   E agora, aquí están os dous últimos pementeiros/as que levaron a Galopín a casa . Espero que o disfrutaran moito. Dixéronme que dormiran con el e que non roncara nin lles fixera pis na cama.



3 comentarios:

  1. Est@s pementeir@s💪👏👏
    Encantounos pasar a tarde e a noite con Galopín, por sorte durmeu toda a noite😅
    Carla chegou super contenta con moitas ganas de amosarnos a Galopín e recitar poesía😊.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué ben! teñen ganas de levalo (algunhas xa queren repetir) así que me alegra recibir noticias desde as casas porque así comprobo que o disfrutaron. Cando recitamos o poema na aula gústalles moito, eso sí, o mellor de todo é galopar, claro!

      Eliminar
  2. Cantas cousiñas van facendo xa est@s pementeir@s💪👏👏

    ResponderEliminar

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...