viernes, 21 de octubre de 2022

FOLLAS DE OUTONO

    O outono é unha estación do ano realmente fermosa. É certo que sempre é un pouco triste porque supón o remate do verán, que normalmente a todos/as nos gusta, empeza a facer máis frío e a chover (e xeralmente preferimos que faga soliño, aínda que debemos alegrarnos de que chova) e os días son máis curtos. Pero tamén é verdade que si saímos ao monte e observamos os cambios que experimentan as árbores, non hai dúbida que a explosión de cores do outono é fantástica.






   Así que, como estas cores vermellas, laranxas, verdes, amarelas, moradas, verdes, nos gustan tanto, decidimos pintar unhas follas de outono estampando con esponxa. Aínda non tivemos tempo de facelo todos/as pero mirade que traballos tan fermosos están facendo. E mentres uns pintan outros xogan nos recunchos ou len na biblioteca. 



































   E mirade que follas tan cheas de cor e tan fermosas pintaron os pementeiros/as. Para a próxima semana, continuamos.







   E agora, para rematar esta entrada, déixovos as imaxes dos últimos exploradores e exploradoras e do neno que levou hoxe a Galopín, Eric, que marchou moi contento. Espero que Galopín non ronque moito de noite nin faga pis na cama, e que a familia de Eric disfrute moito coa visita e co poema do cabaliño.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...