Hoxe pola mañán tivemos unha sorpresa na Pementeira. Imaxinade quen apareceu na porta da aula: ¡nada máis e nada menos que Dora, a exploradora!
Como este ano queremos viaxar, explorar o mundo e aprender moitas cousas como Egeria, esa muller que quixo coñecer países lonxanos e deixar as comodidades da súa vida para vivir novas experiencias, pois pensamos que sería unha boa idea que Dora viñera pola Pementeira para animarnos a ser tan intrépidos/as como ela e disfrutar investigando. Ao principio parece que os nenos e nenas non lle fixeron moito caso á pobre Dora que estaba alí na porta esperándoos a todos/as pero despois sí que quixeron sacar unha foto con ela.
O conto que lemos hoxe foi super divertido, botamos unha boas risas e adicámoslle un forte aplauso. Titúlase "El primer hipopótamo en la Luna". Está cheo de aventuras, de sorpresas e de cousas que cheiraban un pouquiño mal (aí o deixo) e que provocaron as gargalladas dos pementeiros e pementeiras.
Tamén estivemos vendo como os astronautas flotan cando están no espacio e a comida ou a auga non caen ao chan, como ocurre aquí na Terra.
Onte o explorador foi Eros que pasou lista (ningunha nena se animou a ser exploradora)el so sin problema ningún, e hoxe sí que quixeron Noel e África compartir as funcións de axudantes da profe. A ver se mañán se anima alguén.E Galopín marchou con Leo a pasar unha noite coa súa familia e disfrutar xuntos do poema. Estes pementeiros/as están colléndolle o gusto á poesía e iso encántame. Temos xa unhas cuantas poesías preferidas que queren que lles lea cada día.
Como nos gustou pasar a tarde con Galopín e leer o poema, tanto Leo como súa irmá estaban deseando que nos visitara e ahora esta dormido que xa se encargou Leo de poñelo a dormir.
ResponderEliminarXenial! Como me alegra que o disfruten. Eu sei que lles gusta moito cando o lemos xuntos e berran as cousas que o cabaliño ve en cada país. Hoxe Leo tivo un día estupendo e cando preguntei quen o quería levar para casa, xa me contestou inmediatamente que o quería el e como puxo o mandilón rapidamente e sin protestar, era importante premialo. Debía ter ganas de levalo porque cando lle dixen que si abotonaba o mandilón, deixáballo levar, non vexas a que velocidade se puso a abotonalo 🤣🤣🤣
Eliminar