Hoxe tivemos un luns moi completo. Empezamos cun aniversario: Sara foi hoxe a raíña do día porque hoxe cumplía 3 anos e xa é toda unha campeona. Concentrouse e soplou con todas as súas forzas as candeas e , tras escoitar a canción de "Cumpleanos Feliz", ela mesma repartiu unhas galletas aos compañeiros/as. estaba moi feliz e penso que tamén un pouquiño nerviosa porque, lóxicamente, cumplir 3 anos é unha ocasión importante.
Despois, tivemos tempo de realizar a nosa sesión semanal de ioga que, como vimos facendo estes últimos luns, rematamos bailando o Hoky-Poky e o Baile das estatuas con moita alegría. Primeiro estivemos estirando ben as pernas e os brazos, comprobando a flexibilidade de cada un e, a continuación, practicamos unha asana que é bastante complicada: Dhanurasana (postura do arco)
Como vedes hai esforzo e algúns nenos e nenas van acadando uns avances importantes. Cada día progresamos máis. Despois de estirar tantoos músculos, tocaba deixarse ir co ritmo do Hoky-Poky que semprenos fai rir, nos relaxa e nos levanta a moral.
E xa para rematar, aquí está África, que hoxe quixo levar a Galopín á súa casa para disfrutar en familia da súa compañía e do poemiña viaxeiro.¡Espero que o disfruten xuntos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario